A xunta de Goberno do Concello de Vigo vén de adxudicar 88.715,85 euros para a dixitalización de novos arquivos patrimoniais municipais. Nestes documentos atópase información histórica que narra a evolución histórica da cidade e a súa contorna.
O alcalde Abel Caballero explicou que isto supón “un proceso de modernización do propio arquivo” xa que unha ferramenta informática xestiona, clasifica e fai as descricións facendo un inventario dos fondos documentais.
Desta volta, o alcalde puxo de manifesto que haberá 133.307 páxinas novas dixitalizadas do Arquivo Municipal (fotos, carteis, hemeroteca, biblioteca…) e que estas correspóndense a series determinadas dos antigos concellos de Bouzas e Lavadores e os fondos completos do Marquesado de Valadares e o Marquesado de Mos e Valadares.
Caballero informou que “isto é a continuación do traballo xa feito” e que “moitos dos fondos xa están dispoñibles en liña no portal ATOPO, en colaboración coa Deputación de Pontevedra”.
Asemade, engadiu que o resultado da dixitalización do Arquivo é a preservación dos documentos e a mellora de acceso a difusión dos mesmos.
O Concello de Vigo dixitalizará máis de 133.000 páxinas do Arquivo Municipal
Compartir Este Artigo

