A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou este 22 de febreiro de 2022 a apertura do seu curso académico nun acto no Pazo de San Roque en Santiago de Compostela, tamén transmitido pola canle de YouTube da RAGC. Ao acto asistiron o presidente da RAGC, Juan M. Lema Rodicio, así como o reitor da UDC ou a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, entre outras personalidades.


María Soledad, natural de Agolada, sinalou que nunca se imaxinara poder chegar ata unha Real Academia das Ciencias e quixo recoñecer a importancia do apoio que recibiu tanto do ámbito persoal como profesional para chegar a onde agora se atopa.

Chegando ao ecuador do acto, Aníbal Ollero, despois de facer un percorrido pola súa traxectoria científica, indicou que a investigación sobre vehículos aéreos non tripulados e a robótica aérea pertencen ao seu campo de especialización. Tamén destacou a importancia que teñen na actualidade os drons, así como o seu interese por desenvolver unha nova xeración de drons autónomos baseados nos comportamentos dos paxaros.

Como remate da xornada, o director emérito do Stanford Research Institute, Ángel Sanjurjo, pechou a quenda de intervencións agradecendo, tanto aos docentes que o levaron polo camiño da química, como a compañeiros que o acompañaron nese duro camiño.

