Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Orange e MásMóvil combinarán os seus negocios en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Orange e MásMóvil combinarán os seus negocios en España

Marcus Fernández
Publicado: 08/03/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

orangemm_detalle.jpgTras meses de ruxerruxe sobre posibles operacións de fusión entre varios dos principais operadores de telecomunicacións en España para consolidar a súa posición de mercado, Orange e MásMóvil anuncian que iniciaron un período de negociación en exclusiva para combinar os seus negocios en España, operación da que pretenden que resulte unha joint venture controlada ao 50% por ambas compañías e cunha valoración conxunta de 19.600 millóns de euros. A valoración actual de Orange España é de 8.100 millóns de euros e a de MásMóvil de 11.500 millóns de euros, aínda que o peso no control da entidade non sería proporcional.
O acordo entre as partes recolle o dereito a lanzar unha Oferta Pública de Venda (OPV) baixo certas condicións e o dereito de Orange a tomar o control e consolidar a entidade combinada resultante en caso dunha OPV. En ningún caso Orange tería a obriga de saír da entidade combinada resultante nin a exercer esas opcións.
A operadora resultante contaría cunha rede de fibra óptica con presenza en todo o territorio estatal, chegando aos 16 millóns de unidades inmobiliarias, e cunha rede móbil con cobertura estatal que xestiona un volume moi relevante do tráfico do mercado español. De feito, contaría cun volume de liñas superior ao de Movistar, aínda que en ingresos continuaría a estar bastante por detrás (Movistar ten actualmente o 52,3% dos ingresos a nivel español).
Grazas á operativa conxunta a empresa resultante tería máis doada a expansión das súas redes FTTH e 5G, e confían que a transacción para esta nova aventura empresarial se asine no segundo trimestre do ano para concluír a no segundo trimestre de 2023 (tras obter as aprobacións das autoridades pertinentes).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

O videoxogo galego In Nomine Rally pon a proba a capacidade de IA para crear novas e revolucionarias aventuras
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?