Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A arte nos videoxogos estará presente no Salón do Libro de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

A arte nos videoxogos estará presente no Salón do Libro de Pontevedra

Redacción
Publicado: 11/03/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

muvi_salon_libro_01.jpgA Fundación Museo do Videoxogo de Galicia volve un ano máis ser un dos protagonistas do Salón do Libro de Pontevedra, un dos máis premiados e eloxiados eventos culturais para o público infantil e xuvenil do país. Desta volta a fundación volve contar cun espazo privilexiado dentro de todo o conxunto que é o Salón, cun programa enorme, que se move entre o ocio, a aprendizaxe e a cultura; facendo fincapé nunha temática determinada cada edición, neste caso, a arte.
Unha ocasión de ouro para promover a mostra máis bela e estética que a Fundación leva realizado nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra ao longo destes anos, propiciando un lugar de encontro entre as diferentes ramificacións culturais que habitan no Salón, mais cunha precisa mestura co videoxogo, elemento transversal e derivativo das artes que leva practicadas a humanidade ata o día de hoxe.
muvi_salon_libro_03.jpg «É unha oportunidade para coñecer a arte que habita no videoxogo, mais tamén o videoxogo que hai na arte. A proposta deste ano busca aportar contexto, ser unha fiestra ao medio no que se enfoca o MUVI, ao mesmo tempo que permite coñecer novos xogos, revalorizar os xa feitos e promover unha visión artística do videoxogo desde moitos puntos de vista», explica Galo Martínez, cofundador da Fundación Museo do Videoxogo de Galicia. «Foi realmente difícil escoller os títulos, tentar sintetizar todas esas ramas culturais que poderíamos chamar artes: a literatura, a pintura, a arquitectura… pero cremos que pagou a pena, xa que nos permitiu facer unha análise fonda do videoxogo, ao mesmo tempo que logramos crear unha mostra dinámica, moi visitable e que de seguro prestará a crianzas e adultos».
muvi_salon_libro_02.jpg Como é habitual, o espazo do MUVI dentro do Salón contará cunha mostra permanente que poderá ser visitada en calquera intre que dure a cita organizada polo Concello de Pontevedra. Doutra banda, tamén están recollidas dentro do programa do Salón varias sesións do obradoiro tecnolóxico Artellando con videoxogos, unha visita guiada por toda a mostra que ampliará os coñecementos das participantes ao mesmo tempo que xogan e obteñen unha visión diferente do que son os videoxogos.
Alén das peañas cos seus respectivos xogos e consolas en exposición, tamén poderase gozar de multitude de títulos de carácter e fondo artístico en todo momento.
Así mesmo, durante as fins de semana que dure o Salón, o equipo da Fundación colaborará con actores do talle de Iago Gordillo (Recuncho Gamer), a revista O Papagaio e a Revista Morcego, desenvolvendo obradoiros temáticos sobre música, ilustración e deseño.
En total, máis de dúas ducias de videoxogos terán cabida na mostra deste ano, escollidos pola súa relación con algunha das artes, a saber: visuais, escénicas, musicais ou literarias. Unha oportunidade única para establecer conexións, aprender e lograr unha mirada crítica e diversa do medio dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?