
Este seminario complementouse coa formación realizada durante esta semana nas Escolas de Minas e Enerxía, Telecomunicacións e Industriais e enmarcada no XXII Foro Tecnolóxico sobre temáticas moi diversas como a xestión de fabricación e procesos industriais en tempo real, boas prácticas no desenvolvemento de software, construción de chatbots mediante Intelixencia Artificial, a tecnoloxía ao servizo do negocio, etc.
Fabricación dixital e financiamento
Proseguiu tamén en Ourense o curso en Prototipado con fabricación dixital e emprendemento usando metodoloxías Design Thinking. Esta actividade formativa, que conta xa con 35 proxectos en formación, permitirá ver como pasar dunha idea de emprendemiento ou unha idea de produto, desde a súa concepción ata a obtención dun prototipo. O mellor dos proxectos presentados poderá optar a un premio de 1200 euros para financiar a creación do seu primeiro prototipo.
A ESEI tamén fixo saber que en breve abrirase a inscrición para as accións de acompañamento empresarial en canto á procura de investimento e financiamiento para persoas emprendedoras.
Estas accións enmárcanse no proxecto Emprende Makers, no cal son socias a Universidade de Vigo, a Xunta de Galicia, o Concello de Ourense (BP), a Deputación de Ourense, a Universidade do Minho e os municipios de Famaliçao, Melgaço e Paredes de Coura, e que conta con financiamento dentro de Programa Operativo EP- INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) cun 75% de financiamento por fondos FEDER.
Pódese obter máis información sobre inscricións e futuras actividades na web do proxecto emprendemakers.com.
A ESEI sitúase na vangarda formativa con varias accións de impulso ao emprendemento
Compartir Este Artigo

