Froito da colaboración entre StartUp Galicia e a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), un acordo de colaboración para fomentar o emprendemento entre estudantes e profesionais de cara a promover ideas de negocio innovadoras, xurdiu o espazo StartUp Ágora (punto de acollida para conferencias de referentes galegos en startups ou empresas referentes) e máis o ciclo de conferencias Galegos de Alto Impacto. Durante estas xornadas, representantes galegos do emprendemento máis innovador compartirán cos asistentes as súas vivencias ata chegar a crear a súa propia empresa. Esta iniciativa pretende impulsar o emprendemento entre os máis novos.
Nesta segunda cita do ciclo Galegos de Alto Impacto, que se celebrará este mércores, 30 de marzo ás 18 horas, no salón de actos FEUGA (Campus Vida-Santiago de Compostela), o protagonista será David Bonilla, moi recoñecido no sector pola súa carreira dentro do mundo dixital. É o creador do boletín semanal A Bonilista, centrado en tecnoloxía, e da axencia de recruitment de perfís TIC, Manfred. David Bonilla, tamén mentor no Campus de Google e profesor no Instituto de Empresa, centrará a súa charla na importación e exportación de talento tecnolóxico, reto que xa enfronta desde a súa empresa, Manfred, na actualidade. A sesión estará conducida por Jaime Novoa, xestor de investimentos en KFUND e membro da asociación StartUp Galicia.
Para as persoas interesadas en asistir ao evento dicir que o aforo está limitado a 110 prazas tendo que facerse reserva a través da web de FEUGA.
Conta atrás no ciclo Galegos de Alto Impacto para o encontro co emprendedor David Bonilla
Compartir Este Artigo

