O programa autonómico Espazo Educa_CreandoPontes, co que colabora o Concello de Oleiros, continúa este mércores 30 de marzo cunha charla impartida polo profesor da USC e investigador Antonio Rial Boubeta, un dos grandes expertos dos ámbitos galego e estatal en metodoloxías para garantir usos racionais, útiles, seguros e rendibles das novas ferramentas dixitais. Esta actividade, dirixida a pais e nais levarase a cabo no auditorio da Fábrica, en Perillo, a partir das 18:00 horas.
A entrada é aberta e gratuíta. Os asuntos principais a abordar serán a tecnoloxía, a convivencia e as adicións.
Oleiros acolle este mércores unha charla sobre tecnoloxía, convivencia e adicións
Compartir Este Artigo

