A Deputación de Lugo vén de publicar en liña, a través do Servizo de Audiovisuais, unha recompilación da serie Mulleres da Provincia. Son historias nas que as protagonistas son mulleres da provincia de Lugo que traballan en ámbitos tradicionalmente masculinos. A serie forma parte do labor de promoción e divulgación que leva a cabo a institución provincial co obxectivo de salvagardar a memoria audiovisual da provincia.
Mulleres da Provincia conta as historia en primeira persoa das primeiras alcaldesas de Lugo e Viveiro ou da primeira vicerreitora do Campus de Lugo, por exemplo, nas que elas repasan a súas traxectorias profesionais e persoais. O obxectivo e das visibilidade a modelos femininos a seguir diferentes ámbitos profesionais e avanzar na eliminación de estereotipos sexistas respecto ao ámbito laboral.
Descubrindo Lugo, outra das seccións do Servizo de Audiovisuais da Deputación, recompila os atractivos da provincia a través de espazos radiofónicos e audiovisuais. Xa van publicados máis de 200 vídeos, dun par de minutos cada un, con propostas que van dende fervenzas, miradoiros, rutas de sendeirismo, vestixios castrexos e romanos, castelos, igrexas… recursos paisaxísticos e patrimoniais que podemos atopar nos 67 concellos da provincia.
Talento Lucense é a nova sección que se iniciou e que ten por obxectivo poñer en valor a traxectoria das mulleres, homes e rapaces da provincia que están a trunfar en diversos ámbitos a nivel nacional ou internacional. Un exemplo disto é Diego As, o autor do mellor mural do mundo co seu Xulio César fronte á Muralla romana de Lugo.
Os estudantes de segundo do ciclo de Realización, que se enmarca no módulo de Procesos de Realización e Cine que imparte o Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo, elaboraron unha serie de videopoemas nos que poñen en práctica os coñecementos adquiridos na escola e desenvolven a súa creatividade.
A Deputación de Lugo impulsa na Rede a memoria audiovisual da provincia
Compartir Este Artigo

