Epic Games presentou RealityScan, unha nova aplicación de escaneado en 3D que converte fotografías captadas co smartphone en modelos 3D de alta fidelidade, desenvolvida en colaboración con Capturing Reality e Quixel, facilitando a fotogrametría sofisticada aos creadores.
Con RealityCapture podemos reconstruír obxectos e escenas de calquera tamaño dende imaxes ou escaneados láser, cunha grande precisión. A aplicación está actualmente en beta para iOS (ofrecéndose inicialmente a 10.000 usuarios) e nos vindeiros meses chegará tamén a móbiles con Android, de xeito que converter obxectos do mundo real en modelos virtuais é agora algo tan sinxelo como desbloquear o móbil e explorar o obxecto dende o seu redor.
Os modelos tridimensionais creados poden subirse ao momento en Sketchfab, plataforma na que podemos publicar, compartir e vender contido 3D, VR e AR.
Vídeo de presentación de RealityScan

