
A celebración, na que tamén participou o reitor Antonio López, serviu para entregar diversos galardóns: os premios extraordinarios fin de estudos, tanto para grao como para mestrado, correspondentes ao ano académico 2020-2021; os recoñecementos aos mellores expedientes da Escola, os premios aos mellores Traballos Fin de Grao e Fin de Mestrado; e os galardóns á calidade na docencia (Premois Leonardo).
O Premio Viaqua ao mellor TFM no eido da Enxeñaría Ambiental recaeu en Matías Rivadulla Cora por Estratexia de arranque da tecnoloxía innovadora SIAM para o tratamento de augas residuais a escala de planta piloto. O premio Premio Big Data 2020/2021 recoñeceu a Eduardo López Villanueva por Deseño e implementación dun sistema de identificación biométrica para un gran volume de usuarios. Finalmente, Celia Fernández Pérez por ‘Programación dun nodo IoT autónomo con comunicación inalámbrica’ recibiu o galardón GrEI 2020/2021.
Teresa Alvariño Pereira, doutora en Enxeñaría Química e Ambiental e xerente de Cetaqua Galicia, foi a encargada de pronunciar o relatorio central do acto titulado Cerrando o círculo: novos modelos de economía circular.
A ETSE da USC entrega os seus premios e reivindica o papel das mulleres enxeñeiras
Compartir Este Artigo

