Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega a 5ª edición do curso de Vitae que nos converte en expertos en Microsoft Power Excel
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega a 5ª edición do curso de Vitae que nos converte en expertos en Microsoft Power Excel

S. P.
Publicado: 19/04/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

microsoft_power_platform.jpgA consultora galega Vitae tennos deparada este mes de maio unha actividade formativa encamiñada a facernos avanzar en manexo e xestión de datos, unha faceta profesional cada vez máis requirida por empresas e entidades de toda índole, toda vez que se despexaron todas as dúbidas que puidera haber sobre as vantaxes competitivas e de crecemento que ofrece o bo manexo da información. Trátase da quinta edición do curso Microsoft Power Excel con Power Query, Power Pivot e DAX. Será unha actividade formativa de 20 horas, a desenvolver en formato en liña (a través da Aula Virtual de Vitae) os días 23, 24, 25, 26, 30 e 31 de maio, e o 1 e 2 de xuño.
En palabras da consultora galega Vitae, neste curso aprenderemos a explotar os datos en Excel cunhas potentes ferramentas que están integradas nas últimas versións de Microsoft Office, que non son outras que Power Query, Power Pivot e DAX.
Vitae engade que “grazas a esta actividade formativa os participantes poderán afrontar importantes retos en materia de datos (elaborarán cadros de mandos a partir de arquivos ou táboas que dean resposta ás principais preguntas que xurdan sobre o manexo das ditas ferramentas) e terán a oportunidade de coñecer as principais características do traballo con Power Query para a preparación da información e de Power Pivot con vistas a modelar e crear cálculos con DAX, e pasar logo os datos manexados a un proxecto con Power BI”.
En definitiva, os participantes no curso obterán adestramento nos seguintes puntos:
· Como conectarse aos datos, darlles forma e cargalos para a súa análise.
· Como visualizar os resultados con táboas dinámicas.
· Como crear un informe que conecte táboas e gráficas dinámicas para mostrar os resultados da análise sobre a información en orixe.
· Como iniciar un proxecto cos nosos datos de Excel en Power BI.
A actividade formativa está dirixida a profesionais ou usuarios de negocio afeitos a traballar e debullar datos con Excel que precisen traballar con maiores cantidades de información e dun xeito máis automatizado.
O curso terá unha duración de 20 horas, repartidas en sesións de 2,6 horas, e impartirase na Aula Virtual de Vitae, con clases en directo mediante vídeo-conferencia.
Será impartido por Juan Naya, enxeñeiro industrial e profesional con máis de 10 anos de experiencia en postos de responsabilidade dentro das áreas de produción, planificación e loxística. Trátase dun experto en materia de datos e xestión. Na actualidade ofrece solucións profesionais a medida e formacións de alto valor engadido das principais ferramentas de análise da información de Microsoft, como Excel e Power BI. Entre as empresas e entidades que asesorou ou formou atópanse Inditex, o Grupo Profand, a Autoridade Portuaria de Avilés, o Grupo Pérez Rumbao, Inturasa, Galuresa, EimSkip, Altrans, Televés, CivisGlobal, Todos Gómez ou Grupo Babé Logística. Está certificado por Microsoft como Microsoft Excel Expert e Data Analyst Associate.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?