Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova estratexia RIS3 de Galicia redobra a súa aposta pola I+D+i
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova estratexia RIS3 de Galicia redobra a súa aposta pola I+D+i

S. P.
Publicado: 26/04/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

conde_parlamento.jpgO conselleiro de Economía, Francisco Conde, compareceu este 26 de abril no pleno do Parlamento para presentar a nova Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia ata 2027. Segundo resumiu, esta folla de ruta pon ante todo o foco en tres piares: a sustentabilidade (eixe diferenciador das políticas de I+D+i con respecto ás anteriores etapas), a innovación (elemento facilitador da transformación económica e social de Galicia) e as persoas (buscando resolver retos sociais como o envellecemento, a alimentación, o despoboamento, a saúde ou a cohesión territorial).
Tamén destacou que a estratexia vén cunha mobilización extraordinaria de fondos de case 5.000M€ de investimento público-privado. Con respecto á anterior convocatoria (a RIS3 2014-2020), dixo que esta nova estratexia supón un medre “tanto en obxectivos como en recursos por exixencias do contexto de transformación enerxética e dixital”. Este contexto, dixo, fai que se teña que redobrar a aposta pola I+D+i.
Seguindo o fío da comparativa coa anterior folla de ruta, Conde sinalou que para este período destinaranse un 157% máis de fondos que no anterior marco orzamentario 2014-2020, no que se acadou un investimento superior aos 1.900M€. De cara ao 2027, dos 5.000M€ de investimento previsto, 3.000M€ proveñen de fondos públicos.
Froito dun proceso de diálogo co sector
Conde remarcou que se trata dunha estratexia, como a anterior, froito “dun proceso de diálogo” con todo o ecosistema galego de I+D+i (universidades, centros tecnolóxicos,…), co tecido empresarial galego, e, tamén, coa propia cidadanía, a través de diferentes encontros divulgativos que a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), convocou a pé de rúa ao longo dos últimos meses e nos que se recolleron 300 achegas. En total, máis de 800 participantes entre as 500 empresas galegas que colaboraron, os centros de coñecemento e todas as persoas que, en xeral formaron parte das 27 mesas de traballo convocadas e que responderon ás 175 entrevistas realizadas.
Segundo dixo, unha das grandes novidades da nova RIS3 reside na introdución do concepto de misión, a mesma fórmula que a Comisión Europea para priorizar obxectivos e concentrar o máximo posible de recursos e capacidades ao redor dun gran proxecto. En concreto, está previsto que sexan entre catro e seis misións as que se desenvolvan en Galicia, que se irán perfilando cos axentes do ecosistema e que se financiarán con fondos FEDER a través de dúas convocatorias. Un dos proxectos previstos será para prolongar a estadía de persoas maiores dependentes nos seus domicilios, que requirirá aliñar solucións tecnolóxicas, asistenciais, TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), médicas ou construtivas e de domótica.
Balance do anterior período
Respecto do balance 2014-2020, o conselleiro explicou que o investimento en Galicia en I+D creceu un 34,4%, máis de 10 puntos por riba da media nacional (23%), conseguindo o nivel más alto: 641,7M€. A Xunta outorgou 6700 axudas (6 de cada 10 para pemes) que mobilizaron 1.900M€ de investimento público-privado, o 76% en proxectos encamiñados a crear un modelo industrial sustentado na competitividade e o coñecemento. Amais, dixo, triplicouse o orzamento de GAIN, que desde 2014 pasou de 56,3M€ a 152,7M€ neste exercicio. “Neste contexto, a innovación creceu en Galicia case ao dobre do ritmo da media española desde 2014”, engadiu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?