Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FEUGA móstranos nun curso como liderar procesos de transformación empresarial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FEUGA móstranos nun curso como liderar procesos de transformación empresarial

S. P.
Publicado: 27/04/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

feuga_liderado.jpgFEUGA vai ofrecer esta primavera un curso webinario moi indicado para facer voar a nosa empresa no camiño da excelencia, a transformación e a competitividade: un curso que pon o foco en como sacar o mellor do noso equipo profesional á hora de afrontar calquera tipo de proxecto. O curso Liderado para o crecemento e xestión do cambio desenvolverase os días 25, 30 e 31 de maio, e máis o 1 de xuño. Serán 12 horas de contidos, a desenvolver en horario de 9.30 a 12.30 horas.
Segundo informa a fundación a respecto dos porqués desta proposta formativa, a xestión do cambio é unha tarefa primordial de toda persoa directiva e líder empresarial, para quen resulta xa imprescindible, e máis nestes tempos de profundos cambios, como levar a cabo unha transformación empresarial de éxito.
Na actividade mostrarásenos como superar os principais atrancos que se opoñen ao espírito transformador: barreiras externas (que se refiren ao contexto da empresa) e barreiras internas (que engloban as políticas, procedementos, a cultura da empresa ou as propias persoas que poden ter temor ou resistencia ao cambio).
“Con este curso”, explican dende FEUGA, “conseguiremos identificar que técnicas e ferramentas son clave para executar con eficacia os proxectos nos que estamos mergullados e cales son os aceleradores do cambio que debemos implementar e como facelo”.
A actividade formativa está dirixida a persoas directivas; responsables de proxectos, áreas ou departamentos; mandos intermedios; responsables de negocio; profesionais interesados en mellorar a súa produtividade, xestionar o cambio e o seu crecemento persoal; e profesionais cuxo cometido sexa xestionar o talento e potencial dos seus equipos.
A persoa encargada de impartir os contidos será Conxi Pérez Andreu, experta en transformación na organización: combina a medición e xestión do cambio coa aplicación de metodoloxías de transformación rápida. Co-fundadora de RollDBox Games, e de In Movement. Ten unha dilatada experiencia en posicións de dirección de Tecnoloxías da Información (TI), impulsou e implantou iniciativas tanto no ámbito xestión, como de produción, R&D, vendas ou mercadotecnia en empresas do sector farmacéutico, enerxías renovables, industria-metal ou educación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?