Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara da Coruña e GAIN coinciden na necesidade de dar enerxía á transformación empresarial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara da Coruña e GAIN coinciden na necesidade de dar enerxía á transformación empresarial

S. P.
Publicado: 28/04/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

camara-gain_27_abril.jpgA directora de GAIN, Patricia Argerey, mantivo unha reunión este mércores 27 de abril con Antonio Couceiro e os membros do comité executivo da Cámara da Coruña. Argerey e os integrantes da entidade cameral coincidiron na importancia da colaboración público-privada para impulsar accións empresariais relacionadas coa I+D+i e lembraron algúns dos principais fitos de transformación de GAIN e a Cámara da Coruña, que desenvolven un “intenso labor enfocado ao impulso da innovación nas empresas, especialmente nas pemes”.
Couceiro explicou que a Cámara, a través dos programas europeos que xestiona, ofrece asesoramento, formación e axudas a nivel nacional e internacional, en sectores como o turístico, o do comercio e o industrial, entre outros. Amais, a través da Oficina Acelera Peme, a entidade ofrece asesoramento sobre o programa Kit Dixital, que ten como obxectivo “promover a dixitalización de pequenas empresas, micropemes e persoas autónomas”.
Antonio Couceiro destacou “a importancia de que as empresas poñan o foco no desenvolvemento de procesos dixitais e innovadores, tanto nas pemes como nas industrias. É o momento de aproveitar o enorme salto cualitativo que experimentamos nos últimos dous anos neste sentido”.
A directora de GAIN, pola súa banda, expuxo que o Executivo galego está “firmemente comprometido coa transformación do modelo económico de Galicia cara a unha economía competitiva e sustentable, baseada no coñecemento e no talento, que acelere o crecemento económico e impulse o emprego e o benestar social”. Para iso, apuntou que “é necesario que o tecido produtivo se convenza das vantaxes económicas de investir en I+D+i tanto a curto como a longo prazo, máxime nun contexto de incerteza e dificultade como o actual”.
Precisamente, para responder o reto da transformación enerxética e dixital, a Xunta de Galicia acaba de aprobar a súa Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027, que mobilizará 5.000 millóns para facer da sustentabilidade, a dixitalización e as persoas os eixos das súas políticas de I+D+i.
Os membros do comité executivo da Cámara da Coruña trasladaron á representante autonómica posibles vías de colaboración en sectores como o do medio ambiente, o marítimo, da madeira, do gas, da distribución ou do alimentario.
Neste contexto, lembraron que a Oficina de Promoción Tecnolóxico Industrial da Cámara, que verá a luz en datas vindeiras, ten como obxectivo principal revitalizar a atractivo da área para a localización de novas iniciativas con potencial innovador e de crecemento e mellorar a competitividade das xa instaladas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?