Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Coremain automatizou máis de 150 procesos empresariais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Coremain automatizou máis de 150 procesos empresariais

S. P.
Publicado: 28/04/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

automatizacion_empresarial.jpgA empresa galega Coremain fixo balance da actividade xerada polo seu Centro de Excelencia de Automatización. Segundo fixo saber, a través deste servizo foron automatizados con éxito máis de 150 procedementos empresariais en clientes de sectores moi diversos, como por exemplo a saúde, a banda, os seguros, o sector retallista, as telecomunicacións ou o motor.
“O balance foi moi positivo”, sinalan fontes da empresa con sede principal en Compostela, engadindo que grazas a este servizo as empresas lograron un aforro medio de entre o 40 e o 60 por cento en tarefas tan variadas como a creación de historiais médicos, a análise de solicitudes de préstamos, a tramitación de sinistros, a xestión de envíos loxísticos ou o fornecemento de liñas para portabilidades.
O Centro de Excelencia de Automatización de Procesos de Coremain está integrado por un equipo de vinte profesionais expertos nas tecnoloxías máis avanzadas. Segundo explica a empresa, do que se trata é de achegar ferramentas e recursos para aumentar a eficiencia dos procesos empresariais, diminuíndo o número de recursos humanos empregado e reducindo os erros. “En Coremain, dispomos de solucións de minería de procesos enfocadas a descubrir que tarefas poden ser automatizadas con maiores beneficios, no menor tempo posible e coa menor dificultade, para obter a maior rendibilidade”, engade a compañía, salientando que outro dos puntos fortes destes procesos radica en que son aceleradores da transformación dixital: “A automatización converte procesos executados por persoas e nos que se manexa información física, en automáticos e mediante máquinas, cun tratamento e almacenamento de datos dixital”.
Grandes compañías como Vodafone ou o grupo PSA confiaron xa en Coremain para este tipo de transformación. Concretamente, para o operador británico a empresa galega simplificou o 85% dos procedementos de provisión de servizos móbiles e fixos mediante unha plataforma RPA propia con máis de 1.500 robots que son capaces de executar 80 procesos diferentes, que antes se realizaban de forma manual. Só no último ano, a implantación desta plataforma permitiu xestionar, cada mes, máis dun millón de eventos de forma totalmente autónoma.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?