Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia achegará ao Dia de Internet a sua experiencia na loita contra a fenda dixital dos maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia achegará ao Dia de Internet a sua experiencia na loita contra a fenda dixital dos maiores

S. P.
Publicado: 29/04/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20220429_subias_pereira_suarez2.jpgEste venres 29 de abril Santiago acolleu a presentación das actividades do Día de Internet edición 2022, que se vai celebrar o vindeiro 17 de maio e cuxa axenda porá o foco, máis ca nunca, na necesidade de xuntar recursos para lograr a plena inclusión dixital dos colectivos excluídos das TIC, principalmente as persoas maiores, cos prexuízos que isto lles causa (por exemplo a imposibilidade de empregar a banca electrónica ou da eAdministración).
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, estivo acompañada neste acto polo presidente da Asociación Española de Internautas e do Comité do Impulso do Día de Internet, Miguel Pérez Subías; e pola representante da Dirección Xeral de Telecomunicacións e Transformación Dixital de Castela e León, Graciela Parrilla, en nome da Presidencia da Asociación Somos Digital.
Galicia, a través de rede CeMIT, é a encargada este ano da coordinación das actividades do Día de Internet en representación da Asociación Somos Digital, que agrupa ás redes españolas de centros de competencias dixitais.
Xunto coa presentación das actividades e dun manifesto decálogo con medidas dirixidas á integración dixital das persoas maiores, a xornada acolleu a celebración dun webinar impartido pola investigadora da Comisión Europea Clara Centeno sobre o novo Marco Europeo de Competencias Dixitais GigComp2.2.
Trala intervención dun grupo de persoas maiores usuarias de centros de competencias dixitais, que compartiron as súas experiencias, presentouse o reto Camiña en Dixital, un percorrido virtual polo Camiño de Santiago a partir de distancias percorridas a pé polas persoas participantes que se transformarán en pasos virtuais na web creada especificamente para esta iniciativa. Ademais das persoas que asistiron fisicamente, o evento foi seguido de xeito virtual polas preto de 900 persoas inscritas de toda España.
Logros galegos
20220429_subias_pereira_suarez.jpg A directora da axencia AMTEGA salientou o traballo desenvolvido nos últimos anos na nosa Comunidade en colaboración cos concellos para a capacitación dixital da cidadanía. Lembrou que “cando hai unha década afrontouse como unha prioridade a universalización do acceso ao ámbito dixital, soamente un 26% das persoas de entre 55 e 64 anos accedían a Internet, unha porcentaxe baixaba ata o 6% no caso das persoas de entre 65 e 74 anos”. Porén, dixo, na actualidade son máis do 80% as persoas de entre 55 e 64 anos que navegan pola Rede, e un 53% no caso das persoas de entre 65 e 74 anos. Mar Pereira salientou que “só nos últimos cinco anos duplicouse o número de internautas de entre 55 e 75 anos en Galicia”. Máis de 280.000 persoas de Galicia neste treito de idade deron o salto ao mundo dixital dende 2015. Mar Pereira expresou a súa satisfacción polo feito de que “a nosa Comunidade fose elixida por Somos Digital para impulsar este ano as actividades do Día de Internet co foco posto nas persoas maiores”.
A directora da Axencia destacou o “papel esencial” da rede de aulas CeMIT nesta evolución. Así, dixo, “as 97 aulas públicas impulsadas pola Xunta en colaboración cos concellos levan ofertadas preto de medio millón de horas de formación gratuíta en tecnoloxía”. En termos máis específicos, explicou, este ano serán máis de 105.000 as persoas usuarias das aulas, das que cerca de 28.000 son maiores de 55 anos.
Pereita tamén fixo saber que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia puxo en marcha a finais de 2021 o Plan de Reforma e Ampliación da Rede de Aulas CeMIT cun investimento de 22,7 millóns de euros ata 2025. A través desta axenda, engadiu, “acometerase a transformación física e arquitectónica dos centros; a dotación de equipamento tecnolóxico punteiro; a posta en marcha dun novo servizo de aula móbil; o reforzamento dos servizos dixitais e o servizo de apoio á formación e capacitación dixital da cidadanía”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?