Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus Crea lanza unha innovadora ferramenta web con toda a a información dos seus servizos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus Crea lanza unha innovadora ferramenta web con toda a a información dos seus servizos

S. P.
Publicado: 29/04/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_campus_crea_catalogo1.jpgO Campus Crea da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) lanzou unha iniciativa web para situarse máis preto do alumnado e da cidadanía: un innovador catálogo de servizos que aglutina información das instalacións e dos servizos do campus e, tamén, da súa oferta formativa e da investigación que no campus se desenvolve. Segundo se fixo saber na presentación, trátase “dunha iniciativa pioneira no conxunto do sistema universitario español”.
Impulsada pola Vicerreitoría co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo e desenvolvida polas empresas Inova Labs e Can Academics, trátase dunha ferramenta web que articula á súa vez a información “dun xeito diferente” segundo catro perfís de acceso: os do alumnado, do persoal docente e investigador, das empresas e do público xeral.
O vicerreitor do campus, Jorge Soto; o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa; o director do Campus Crea e Green Campus, Carlos Souto, e os representantes de Innova Labs e Can Academics Alba Valdés e Abel Estévez presentaron a ferramenta este xoves 28 de abril. Segundo dixeron, o obxectivo foi “crear o primeiro catálogo integral de recursos online da Universidade de Vigo e un dos pioneiros no ámbito estatal”. En palabras de Souto, “é un proxecto bastante innovador que pretende abrir o Campus Crea a toda a sociedade, concibido co foco posto na colaboración entre a Universidade e a sociedade e a colaboración coas empresas”.
A proposta foi deseñar unha ferramenta que unificase todos os recursos que ofrece o Campus e facelo “da maneira máis accesible para cada un dos segmentos que poidan estar directa ou indirectamente interesados”, explicou Valdés. O resultado final é unha “ferramenta dixital que unifica toda a oferta académica, de investigación, servizos e equipamentos do campus e que permite unha busca personalizada por perfís de usuarios”, establecéndose “catro segmentos” aos que lle presenta a información dun xeito diferente
Integrado na web do Campus Crea, este catálogo reúne información que “se atopaba dispersa en distintos repositorios” e nalgúns casos incompleta, e que se agrupou finalmente en “catro grandes bloques”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?