Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cinco empresas dos novos contidos compartiron os seus achados nunha nova xeira de Galicia Profilme
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cinco empresas dos novos contidos compartiron os seus achados nunha nova xeira de Galicia Profilme

S. P.
Publicado: 02/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20220501contidosdixitais2.jpgO programa autonómico Galicia ProFilme, destinado a achegar formación e intercambios profesionais no eido audiovisual, reuniu esta fin de semana na Cidade da Cultura a representantes de cinco firmas galegas do ámbito dos contidos dixitais e os novos formatos: Antaruxa, UrbanSimulations, Avestudio, Manu Viqueira e Sygnatia. Xuntáronse para expoñer “as diferentes facetas da creación dixital na nosa terra” e “contribuír á visibilidade do colectivo como sector en alza”. A sesión, aberta ao público en xeral, contou coa presenza de Jacobo Sutil, director de Industrias Culturais da Xunta, e de Manuel Meijide, director de Mundos Digitales, referencial evento coruñés en torno á animación, os efectos visuais e os novos medios.
Os relatores debullaron as súas experiencias propias e compartiron a visualización de vídeos ilustrativos sobre os seus proxectos más recoñecidos (que abrangue cuestións como o modelado en 3D, a infografía, a animación fotográfica, os motion graphics, o desenvolvemento de aplicacións móbiles), as accións de comercio electrónico, a innovación web ou a especialización en aplicacións arquitectónicas dixitais, clips musicais ou efectos visuais deseñados por computador).
agadic_mundos_dixitais_contidos.jpgSutil destacou a celebración da xuntanza “nun contexto no que a Xunta de Galicia, a través do seu Hub Audiovisual, está a apostar polo dixital como elemento indisociable das industrias culturais e a vertebrar subsectores como os videoxogos, cunha liña de subvencións específica e a posta en marcha dun polo de aceleración de proxectos”.
Esta é a terceira convocatoria de 2022 no marco de Galicia ProFilme, despois de que nas pasadas semanas este programa ofrecera xa dúas citas centradas na estratexia audiovisual con proxección europea, a cargo do produtor dinamarqués Thomas Gammeltoft, e na realización de produtos infantís para televisión, a cargo de Yago Fandiño, director de contidos infantís de Clan e de TVE.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?