Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: No Portal da Lingua un audiovisual sobre Vicente Risco e outro sobre o traxe galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

No Portal da Lingua un audiovisual sobre Vicente Risco e outro sobre o traxe galego

S. P.
Publicado: 02/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fondo_proxectos_culturais_xacobeo_politica_linguistica_vicente_risco_audiovisuais.jpgO secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a semana pasada dous dos documentais producidos ao abeiro do Fondo de Proxectos culturais Xacobeo 2021-2022, un sobre a figura de Vicente Risco e outro sobre o traxe galego. Segundo fixo saber, “trátase de materiais de acceso gratuíto para os espectadores que poden empregarse para o ocio ou a formación das persoas interesadas”. Están dispoñibles, de feito, no Portal da Lingua de Política Lingüística.
Na primeira das presentacións, sobre o proxecto audiovisual Persoas que alicerzaron a nosa cultura: Vicente Risco, de Tecnología Gallega y Comunicación SL, interviron tamén Luis Martínez-Risco, da Fundación Vicente Risco, e Luis Baños Campo, da produtora VisualQ. Este proxecto audiovisual, que contou co asesoramento da Fundación Vicente Risco, consiste nunha serie de seis vídeos de curta duración sobre unha das persoas que fundaron a nosa lingua e cultura modernas. Todos eles conforman unha peza completa que versa sobre as distintas facetas de Risco: artista, divulgador, etnógrafo, mestre, místico, literato, xornalista, pensador e teórico político. Con este material preténdese “dar unha visión renovada e rigorosa no contido e na forma da súa figura, para chegar a un público amplo, e, sobre todo, para que sirva de ferramenta pedagóxica”, sinalouse.
O outro dos proxectos é Técnicas de confección do traxe galego, de José Antonio Viñas Mira. Este documental ten o obxectivo de divulgar as técnicas empregadas para a confección tradicional en Galicia. Na presentación participaron Carlos Pérez, integrante de Queixumes dos Pinos; Antero Rodríguez, xastre do documental, e oito pandeireteiras da agrupación de Queixumes dos Pinos. No audiovisual, Antero explica a patronaxe, o corte e a confección das pezas que compoñen o traxe de home e de muller en catro territorios. Despois, elabóranse os complementos característicos de Santiago, da Maía, das Mariñas, da Terra Chá, de Ourense e de Pazo de Arenteiro. Tamén se analizan obras de pintores e de escritores que recollen a vestimenta tradicional (Fierros, Murguía, Carlos Sobrino, Suárez Castro, Román Navarro e Castelao).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?