Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O INCIPIT culmina a súa instalación no Edificio Fontán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O INCIPIT culmina a súa instalación no Edificio Fontán

S. P.
Publicado: 02/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cidade_da_culturamanuel_g._vicente-incipit-bloquederecha.jpgO Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), culminou finalmente a súa instalación no Edificio Fontán da Cidade da Cultura. Nun comunicado sobre esta nova sede, o INCIPIT salienta o feito de contar con 2.400 metros cadrados postos a disposición do CSIC por parte da Xunta en virtude dun convenio que establece un aporte do CSIC de 2,4 millóns de euros polo uso deste espazo. Tamén destaca o feito que contará cun persoal estable dunhas 55 persoas de diferentes perfís profesionais, ademais dunha nutrida nómina de colaboradores e asociados.
“Disporemos agora nesta sede con máis de 1.000 metros cadrados destinados a albergar infraestruturas científico-técnicas de nova planta, entre as que se contan laboratorios de arqueometría do patrimonio, tecnoloxías xeoespaciais, etnografía experimental, ciencia cidadá, un arqueoplanetario e cognición e materialidade. A sede está concibida para albergar con comodidade o traballo dun persoal total entre 90 e 110 persoas”, destaca Felipe Criado Boado, director do INCIPIT, engadindo que “a nova sede achega uns valores estéticos e funcionais que de seguro fomentarán o noso desenvolvemento”.
En total, o Fontán dispón de case 14.000 metros cadrados e alberga, ademais da sede do INCIPIT, a da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia e o Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia. Acollerá tamén o Centro de Investigación Interuniversitario de Paisaxes Atlánticas Culturais. Conta, ademais, cun auditorio de 750 prazas e espazos para organización de eventos e congresos. O edificio Fontán foi promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia xunto á Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Foi deseñado polo arquitecto Andrés Perea en colaboración con Elena Suárez e Rafael Torrelo, aproveitando unha estrutura preexistente, o que abaratou a súa construción.
O INCIPIT reúne a especialistas de numerosos eidos da investigación, como antropoloxía, arqueoloxía, arquitectura, astrofísica, educación, filosofía, xeografía, historia, enxeñaría de software, ou lingüística. Ademais de en Galicia e España, o instituto desenvolve proxectos en moitos outros países, sobre todo de América do Sur e África Subsahariana.
Como instituto do CSIC, o INCIPIT non só realiza investigación, senón que tamén leva a cabo accións de formación, divulgación, e prestación de servizos especializados. Na actualidade, desenvolven o seu labor no seu seo unhas 60 persoas con diferentes perfís profesionais. O INCIPIT está a executar máis dunha vintena de proxectos de investigación financiados en convocatorias de concorrencia competitiva, entre os que destacan dous grants do European Research Council.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?