Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As aplicacións empresariais das tecnoloxías XR centraron unha xornada na UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As aplicacións empresariais das tecnoloxías XR centraron unha xornada na UVigo

S. P.
Publicado: 03/05/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_xr.jpgA Escola de Enxeñaría Industrial do Campus de Vigo acolleu este venres 29 de abril unha xornada sobre a aplicación das tecnoloxías disruptivas no ámbito dos procesos industriais. En concreto, o miolo da actividade foi a transformación do tecido industrial cara a un escenario 4.0, un proceso que segundo destacaron os participantes, implica múltiples procesos de automatización, dixitalización, aplicación de Intelixencia Artificial ou conectividade. Neste proceso, as tecnoloxías XR (que engloban a Realidade Virtual, Aumentada e Mixta), tamén están a ter un peso cada vez máis destacado, xa que permiten, por exemplo, a creación de prototipos en 3D, probas inmersivas de produtos, monitoraxe en remoto, formación virtual dos operarios, etc.
Para analizar todas as posibilidades que estas tecnoloxías emerxentes ofrecen ao sector industrial e avaliar o xeito de implantalas de xeito sustentable e eficiente nas empresas, a Escola de Enxeñería Industrial da UVigo acolleu un seminario impartido por Arsoft e no que participaron tamén outras compañías que xa contan con experiencia no uso de tecnoloxías XR nos seus procesos industriais, como Sonovision, Navantia e Cidaut, que expuxeron os seus casos de éxito.
O encargado de dar a benvida ás persoas participantes foi Juan Pardo Froján, o director da EEI, que agradeceu a colaboración das empresas para poñer celebrar este evento e recalcou o compromiso do centro para achegar as novas tecnoloxías, coñecementos e avances á súa comunidade universitaria.
A primeira parte da xornada centrouse en afondar nas tecnoloxías XR e as súas aplicacións, da man de Santiago González, director executivo (CEO) de Arsoft. O responsable da empresa comezou por explicar que as tecnoloxías de realidade estendida (tecnoloxías XR polas súas siglas en inglés) son todas aquelas que “crean contornas e obxectos xerados por ordenador e permiten unha experiencia inmersiva mediante a cal as persoas usuarias se mergullan nun mundo virtual ou interactúan cunha extensión deste”.
Dentro deste concepto, engadiu, englóbanse a Realidade Virtual, a Realidade Aumentada e a Realidade Mixta. A primeira ofrece unha inmersión completa nun mundo virtual mediante o uso de gafas que non permiten ver a contorna que está arredor. A segunda, pola súa banda, “é todo o contrario”, explicaba González, xa “que permite a visualización de capas virtuais superpostas sobre o mundo real mediante un dispositivo móbil ou unhas gafas”. Por exemplo, grazas a esta tecnoloxía, apuntaba, “podería ver a todas as persoas da sala co seu perfil de Linkedin superposto”, é dicir, “segues vendo a realidade pero con información virtual que a complementa”. Finalmente, a mixta implica “ir un paso máis aló, un avance da tecnoloxía de Realidade Aumentada”, na que os elementos virtuais están perfectamente integrados na contorna e permiten interactuar. Por exemplo, explicaba, “podería estar dentro dun avión e as gafas estarían recoñecendo o avión e explicando determinados procesos”. Estas tecnoloxías, engadía, “están avanzando moi rápido e mesmo estanse deseñando lentes de contacto con pixels integrados para empregar en lugar das gafas”.
O responsable de Arsoft tamén explicou as utilidades e aplicacións de cada unha destas tres tecnoloxías no eido industrial. Así, a Realidade Virtual está moi presente na industria e emprégase para adestramento, capacitación e formación “pola cantidade de cartos que aforran as empresas” ao non ter que desprazar formadores nin material, como prototipos de vehículos ou maquinaria, para formar os técnicos nos diferentes procesos.
No que se refire á aplicación da Realidade Aumentada, as vantaxes radican en que permite ter acceso a información de forma instantánea, situando datos sobre os obxectos reais de forma que se poidan aumentar a información sobre eles.
Pola súa banda, a Realidade Mixta está empregándose en procesos de inspección, nos que as gafas ademais permiten rexistrar información en tempo real, “sen ter que anotar en papel que, por desgraza, é o estado actual das cousas na maioría das industriais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?