Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Catro estudantes da UDC achegan o seu talento en experiencias de realidade virtual inspiradas en Marvel
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Catro estudantes da UDC achegan o seu talento en experiencias de realidade virtual inspiradas en Marvel

S. P.
Publicado: 03/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

videoxogos_estudantes_udc_coruna.jpgO universo Marvel contará coas contribucións tecnolóxicas do talento galego: as de catro estudantes do Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da Universidade da Coruña (impartido na Politécnica de Enxeñaría de Ferrol) que están a traballar dende Asturias nunha experiencia de Realidade Virtual inspirada no mítico selo de cómics. Isto será posible grazas ás prácticas que os estudantes do mestrado realizan, por segundo ano consecutivo, na sede de Inovace, empresa especializada na creación de experiencias inmersivas a través de tecnoloxías como a Realidade Virtual e Aumentada.
Desde Siero, en Asturias, Mónica García Arranz e Alicia Puentes Arnoso, traballan na creación dunha experiencia innovadora inspirada no universo Marvel e, máis concretamente, nun dos seus personaxes máis coñecidos, o Doutor Estrano.
Pola súa banda, Juan García Álvarez e Sergio García Álvarez, colaboran nun proxecto que ten como protagonistas aos Pitufos.
Segundo confirman fontes do Campus de Ferrol, os xogos nos que están a traballar estes catro estudantes do Campus Industrial de Ferrol chegarán moi axiña ás salas do centro de entretemento e ocio familiar da Marvel Mission de Lisboa, no caso da experiencia do Doutor Estrano, e do Centro Madlab de Oviedo, no que atinxe ao proxecto dos Pitufos.
Visita á sede Inovace
A coordinadora do Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, Luz Castro Pena, visitou hai un par de días as instalacións de Inovace en Siero. Esta empresa especializada na creación de experiencias inmersivas pertence ao grupo empresarial No Group e ten entre os seus clientes a xigantes como LEGO ou Coca Cola. Na reunión coa directora executiva (CEO) de No Group, María José Posada, e co director técnico de Inovace, Theo García, analizáronse novas vías de colaboración entre o Campus Industrial de Ferrol e a empresa asturiana.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?