Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Muros acolleu a presentación dun sistema automatizado para medir a calidade da auga con vehículos non tripulados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Muros acolleu a presentación dun sistema automatizado para medir a calidade da auga con vehículos non tripulados

S. P.
Publicado: 03/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20220503condequintana2.jpg
O porto de Muros acolleu este martes 3 de maio a presentación dun innovador e pioneiro sistema automatizado para a mediación da calidade de auga con vehículos non tripulados. Na presentación do sistema, o primeiro que vai usar a Xunta destas características, participaron o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde; e a conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana.
A tecnoloxía dada a coñecer en Muros, abeirada ao programa Mar-2, foi unha realidade grazas á fórmula da Compra Pública Innovadora, a través dunha UTE formada por Indra e polas empresas galegas Sistemas, Soluciones y Proyectos de Información e Adantia.
En termos máis concretos, a solución componse dun vehículo aéreo non tripulado e dunha embarcación non tripulada equipados con sistemas de medición da calidade da auga para a toma de mostras, cunha plataforma para a administración e almacenamento de datos.
Quintana incidiu en que esta solución “permite a recollida de mostras e a medición de parámetros de calidade da auga de forma autónoma, o que mellora o desenvolvemento da actividade por parte dos profesionais do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, o INTECMAR”.
muros_20220503condequintana4.jpgEste tipo de dispositivos, engadiu, permiten unha recollida de datos máis intensiva podendo actuar incluso en situacións de condicións meteorolóxicas e marítimas adversas. O obxectivo, destacou a titular de Mar en funcións, é “mellorar os procesos na medida do posible e acadar unha maior eficiencia na realización dos labores de control e de seguimento do medio mariño de Galicia”. Rosa Quintana tamén fixo saber que a solución xa está plenamente integrada nas operativas de traballo do Intecmar, de Augas de Galicia e do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.
Así, o INTECMAR coordina as mostraxes coa embarcación na ría de Muros-Noia e realízanse cunha frecuencia semanal. Amais, Augas de Galicia está a realizar, con carácter trimestral, tomas de mostra co vehículo aéreo non tripulado nos encoros de Eiras, Caldas, Portodemouros, Barrié de la Maza, Santa Uxía, Ribeira, Eume, Forcadas e na ría de Vigo. De xeito complementario, o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia está a realizar a análise dos datos recibidos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?