Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea participa no proxecto para converter España nun hub europeo do vehículo eléctrico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea participa no proxecto para converter España nun hub europeo do vehículo eléctrico

S. P.
Publicado: 05/05/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

future_fast_forward_1.jpgOs socios de Future: Fast Forward, liderada polo Grupo Volkswagen e SEAT, e entre os que se atopa a tecnolóxica galega Balidea, rexistraron o proxecto ao PERTE para o Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC) co obxectivo “converter a España nun hub do vehículo eléctrico en Europa”. Formado por un total de 62 empresas nacionais, internacionais e referentes de distintos sectores, incluído o tecnolóxico-dixital, constitúe a maior agrupación empresarial da historia da automoción en España.
Por comunidades, abrangue compañías de 11 autonomías (Andalucía, Aragón, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana, Estremadura, Galicia, Navarra e Euskadi), o 61% das cales son pemes, e entre todas cobren a cadea de valor do vehículo eléctrico na súa totalidade.
O proxecto presentado, que contou coa colaboración de PWC, está formado por catro eixos principais. O proxecto tractor, liderado por Seat e o Grupo Volkswagen, aspira a electrificar as fábricas de Martorell e Pamplona. O segundo piar do proxecto do grupo empresarial é a creación de todo o ecosistema de baterías para coches eléctricos en España, que engloba desde a extracción do litio nas minas ata a ensamblaxe de baterías, incluída unha gigafactoría de baterías en Sagunto (Valencia).
future_fast_forward_3.jpgO terceiro eixo contempla a localización en España de compoñentes esenciais para vehículos eléctricos e, o cuarto, inclúe ámbitos relacionados coa formación, a dixitalización e a economía circular.
En conxunto, o proxecto cobre os nove bloques do PERTE do Vehículo Eléctrico e Conectado.
Balidea participa a través do proxecto primario RELOAD
Balidea participa nesta proposta dentro do proxecto primario RELOAD, que ten como obxectivo xeral “contribuír dunha maneira eficiente e segura á subministración de metais de alto valor na cadea industrial do Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC), reducindo a dependencia de importacións e impulsando un modelo industrial sustentable, circular e con menor pegada ambiental”.
En particular Balidea participará no obxectivo específico de “integrar o uso de tecnoloxías dixitais como ferramentas facilitadoras para o impulso de procesos de reciclaxe, mediante a investigación de tecnoloxías que garantan a rastrexabilidade de metais impulsando a economía circular”, segundo indican fontes da empresa compostelá, que engaden que para o dito cometido realizarase o deseño dun prototipo dixital baseado en tecnoloxía Blockchain que garanta a rastrexabilidade dos metais en toda a cadea de valor, desde a fabricación de compoñentes, uso destes compoñentes, recuperación e reutilización dos metais para garantir a sustentabilidade dos mesmos e a eficiencia no uso dos recursos.
Ao mesmo tempo levará a cabo unha investigación para a creación dun modelo funcional e de predición baseado en Intelixencia Artificial (IA), que permita predicir a dispoñibilidade e a demanda de produtos/metais recuperados de interese para o sector automobilístico español e, polo tanto, “que axude a planificar o seu aproveitamento óptimo”.
Por último, deseñarase, en colaboración con SEAT, un pasaporte dixital europeo de baterías de vehículos eléctricos.
O proxecto RELOAD está liderado pola compañía ENSO. No consorcio participan tamén as empresas SEAT S.A., Técnicas Reunidas, Asai Idustrial, o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM), a Universidade de Zaragoza e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M. P.
future_fast_forward_2.jpg Asemblea xeral dos socios
O pasado venres 29 de abril celebrouse en Madrid a primeira asemblea xeral dos socios de Future: Fast Forward, coa participación de representantes de todas as empresas que forman parte do proxecto, incluído o director xeral de Balidea, Lorenzo Rodríguez.
Marc Rise, director de Estratexia de Compras e Novos Proxectos de SEAT, foi nomeado presidente da asemblea xeral da agrupación Future: Fast Forward, un órgano de representación que se reunirá polo menos dúas veces ao ano.
Os socios formaron tamén unha comisión delegada, que se reunirá de maneira periódica para velar polo cumprimento do PERTE. Esta comisión estará presidida tamén por Marc Rise.
Socios do proxecto
Altech, Asai Industrial, AZTERLAN, Balidea, BeePlanet Factory, Bosch, Brose, CARTO, CELSA Group, CETIM, CIDETEC, CENIM – CSIC, CERLER Global Electronics, CYP Core, Delta Vigo, ENSO, Feníe Energía, FORMINSA, GCR Group, Gestamp, Glavista, Gonvarri, Grupo Sesé, Grupo Simoldes, Iberdrola, Intrustial, IMS Technology, Ingedetec, Instituto Universitario Investigación (CIRCE) Universidad Zaragoza, isEazy, ISEND, Kapture.io, Kautenik, Kivnon, Lazpiur, Leartiker, Libelium, Lithium Iberia, Malena Engineering, Mindcaps, Mol-Matric, Motorland Aragón, NTDD, NUTAI, Órbita Ingeniería, Pomceg Electronics, POWER Innotech, Power HoldCo Spain, SEAT CODE, SEAT MÓ, SEAT S.A., Silence, Grupo SPR, Sumitomo Electric Bordnetze, Técnicas Reunidas, TECOI, Valeo, Vega Chargers, Vicomtech, Volkswagen Navarra, WIP e Zylk. Colaboradores do proxecto: CaixaBank, Eurecat, FICOSA, ITAINNOVA e Telefónica España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?