Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: No Portal da Lingua todo o relativo ás probas CELGA 2022, que comezan este mes de maio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

No Portal da Lingua todo o relativo ás probas CELGA 2022, que comezan este mes de maio

S. P.
Publicado: 05/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

celga_lingua_galega_portal_politica_linguistica-2.jpgA Secretaría Xeral de Política Lingüística informou da publicación das datas para a realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, CELGA 1, 2, 3 e 4, en Santiago de Compostela e Ponferrada. As 2.370 persoas inscritas poden optar este ano a cursos titorizados e tamén de autoformación online. Daranse cita nos meses de maio e xuño en Ponferrada (para o CELGA 4, 3 e 2) e en Santiago de Compostela, tanto no IES Antonio Fraguas (para o CELGA 4, 3 e 2) como na Escola Galega de Administración Pública (para o CELGA 1).
As probas CELGA 4, en Santiago de Compostela e Ponferrada, serán o 28 e 29 de maio. As do CELGA 3, tamén en ambas as localizacións, o 4 de xuño e as do CELGA 2, o 5 de xuño. O día 11 de xuño realizaranse as probas do CELGA 1 tan só en Santiago de Compostela.
Tanto os horarios de realización como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel poden consultarse no Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que informa que tamén se vai publicar neste espazo web (na semana de cada unha das probas), a porta de acceso ao centro e mais a aula asignada a cada persoa para a realización da proba escrita.
Respecto da proba oral de cada nivel, o departamento que dirixe Valentín García explica que esta proba terá lugar o mesmo día cá escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar esta proba publicarase no centro correspondente, así como no Portal da Lingua Galega, unha vez que remate a proba escrita.
No caso daquelas persoas ás que, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e a aula correspondentes.
A previsión é que, como en anos anteriores, se volva publicar unha segunda convocatoria para a realización de máis exames antes de que remate o 2022.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?