Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG organiza un obradoiro práctico sobre as posibilidades na empresa das tecnoloxías inmersivas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG organiza un obradoiro práctico sobre as posibilidades na empresa das tecnoloxías inmersivas

S. P.
Publicado: 05/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

realidade-virtual-780x515.jpgO vindeiro 10 de maio a Oficina Acelera PEME do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) vai organizar un obradoiro práctico e presencial sobre Realidade Aumentada e Realidade Virtual, unha actividade inclúe demostracións prácticas (porase aos asistentes na pel dunha operaria de fábrica que emprega o material técnica dunha máquina en RA e dunha estudante que hostalería que utiliza lentes de RV para facer as súas prácticas cun forno profesional). Intervirá Xoel Vázquez Dios, director executivo (CEO) da empresa galega Xoia Extending Reality. A cita será entre as 10.00 e as 11.00 na sede do ITG na Coruña.
Segundo informa o instituto acerca do miolo temático do obradoiro, as tecnoloxías inmersivas (XR) de Realidade Aumentada (RA) e Realidade Virtual (RV) están a ser utilizadas cada vez máis no eido da industria, e “despois de varios anos onde a industria estivo avaliando as capacidades desta tecnoloxía, comprobáronse os seus efectos positivos na xestión e mantemento remoto das máquinas ou na formación dos técnicos, así como ferramenta comercial, entre outro caso de uso”. A actividade deste 10 de maio vai dirixida a clarificar conceptos sobre “como tirar o máximo partido destas tecnoloxías”.
Ao final da charla os asistentes poderán probar os visores de Xoia e experimentar de primeira man como esta tecnoloxía permite optimizar procesos, mellorar a formación e a transferencia do coñecemento, así como potenciar as ferramentas de venda de produtos empresariais.
Axenda
h10:00 Introdución
h10:05 Relatorio
Que é a tecnoloxía XR e como funciona
Casos de uso aplicados á industria
Ferramenta comercial e de deseño.
Adestramento e formación.
Manuais técnicos en Realidade Aumentada: Optimización de procesos e transferencia do coñecemento.
Ferramentas actuais.
h10:50 Dúbidas e preguntas
h11:00 Experiencia Virtual:
Relator:
Xoel Vázquez Deus, CEO de Xoia Extending Reality.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?