A RAGC celebra no CiQUS unha xornada para mostrar as oportunidades do Europe Next Generation
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebra o vindeiro luns unha xornada presencial para mostrar as oportunidades para a investigación no programa Europe Next Generation. Será o día 9 de maio ás 17.30 horas, no CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) da Universidade de Santiago.
Participarán Santiago Álvarez, subdirector de Proxectos Tractores do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Belén Rubio, vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo e Juan Lema, presidente da RAGC, quen actuará de moderador.
A xornada poderá seguirse a través da plataforma Zoom, previa inscrición.
A RAGC celebra no CiQUS unha xornada para mostrar as oportunidades do Europe Next Generation
Compartir Este Artigo

