Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rapazada galega ergueu a voz dende Silleda contra as noticias falsas nas redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rapazada galega ergueu a voz dende Silleda contra as noticias falsas nas redes

S. P.
Publicado: 06/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rapazada_galega_silleda_contra_as_fake_news_.jpgSilleda acolleu este 5 de maio unha importante actividade xuvenil contra as fake news, a desinformación, o racismo e as agresións a través das redes. Foi unha xuntanza na que participaron uns cen alumnos e alumnas de Secundaria de Boiro, Brión, Bueu, Silleda e Viana do Bolo. Na xeira de traballo tiveron ocasión de crear micro-vídeos advertindo do impacto negativo que teñen as novas falsas e a xenofobia en medios convencionais pero sobre todo dixitais, por ser os máis seguidos polos adolescentes.
Fixérono nun encontro intercentros ou hackathon incluído no proxecto EpDLab que, en palabras do director IES Pintor Colmeiro de Silleda pon o foco no papel do diálogo, da educación e do xornalismo nun contexto convulso como o actual.
Para combater esta problemática, elaboraron unha serie de micro-vídeos nos que se dirixen principalmente ás e aos adolescentes, pero tamén ás persoas adultas, para advertirlles “que todas e todos podemos ter actitudes racistas sen nos decatar”; que “debemos contrastar as informacións que recibimos, especialmente, a través das redes sociais, porque poden ser falsas”; e que “os bulos e o discurso do odio vai sempre en contra da xente máis vulnerable”.
A rapazada participante no hackathon advertiu tamén de “que coas nosas actitudes podemos facer unha sociedade mellor, evitando o uso de estereotipos, desmentindo desinformacións e denunciando os contidos racistas que vemos nas redes”. E engadiron: “A clave para conseguir un entorno dixital máis diverso, igualitario e inclusivo é ter máis empatía e reivindicar que todos os seres humanos debemos ter os mesmos dereitos”.
A xeira deste xoves en Silleda foi unha xornada intensiva de traballo creativo conxunto na que participou todo o alumnado vinculado este curso ao EpdLab, un proxecto de innovación educativa que ven desenvolvendo a Asociación Galega de Comunicación Social (Agareso) dende 2015 en centros de toda Galicia e que traballa temáticas como o sexismo, as migracións, o medio ambiente, o consumo responsable, a veracidade das mensaxes e as fake news, a cooperación internacional, o voluntariado e o activismo a través de ferramentas da comunicación dixital como os memes, os GIF, as técnicas de stop motion, os microvídeos dende o móbil ou a contrapublicidade.
EpDLab é un proxecto educativo que xorde a partir da reflexión colectiva de varios grupos da ESO en Galicia, máis outros grupos en El Salvador e República Dominicana. O alumnado traballa con ferramentas TIC para crear e difundir na Rede contidos ao redor da igualdade de dereitos, da participación responsable e da xustiza social. O EpDLab está deseñado e desenvolvido polo equipo técnico de Agareso e financiado por Cooperación Galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?