Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ferrol acollerá unha xornada dedicada aos videoxogos aplicados e persuasivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Ferrol acollerá unha xornada dedicada aos videoxogos aplicados e persuasivos

Redacción
Publicado: 09/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornada_power_up_videoxogos.jpgA Capela do Centro Torrente Ballester acolle, este venres 13 de maio, a partires das 9:30 horas, a xornada Power Up Videoxogos Aplicados e Persuasivos que organiza o Campus Industrial de Ferrol en colaboración coa coordinación do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos e co Concello de Ferrol. A xornada preséntase como unha oportunidade única para coñecer máis polo miúdo a industria dos videoxogos así como os valores positivos que pode aportar esta forma de entretemento.
Ao longo da mañá, achegarase ata a cidade departamental o director xeral da Asociación Española de Videoxogos (AEVI), José María Moreno, quen presentará o proxecto The Good Gamer, unha iniciativa global de contidos onde reivindicar os valores do videoxogo e as medidas de responsabilidade impulsadas pola industria. O programa da xornada inclúe tamén a conferencia do CEO e director creativo de Tequila Works, Raúl Rubio, quen afondará na súa experiencia e traballo en títulos persuasivos como RiME ou GYLT. O talento galego estará representado pola antiga alumna do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos e Game Designer en Xaloc Studios, Carla Bolaños, e máis polo guionista en Baroque Decay, Henrique Lage.
Xa pola tarde, o Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, acollerá, a partires das 17:00 horas, a presentación dos proxectos desenvolvidos polo alumnado do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos durante os dous últimos anos. Irene Centelles, Juan e Sergio García, Virginia Perrone, Alicia Puentes, Diego Pérez e Daniel Río presentarán Avy, fábulas da noite, un videoxogo de plataformas, quebracabezas e aventuras no que o xogador ou xogadora se achega a un mundo de xoguete onde non todo é o que parece. Pola súa banda, Abraham Rial, Mónica García, Pedro Peteiro, Manuel Silva, Yixuan Yu, Alba Paz e Iván Fernández, presentarán LastWay, un videoxogo de acción e plataformas en scroll lateral no que se nos amosa un futuro distópico no que o protagonista, Jax, trata de sobrevivir coa axuda dun dron e do seu brazo cibernético.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?