Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Miñones visita o Centro Tecnolóxico Gradiant para coñecer o alcance do proxecto Open-VERSO
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Miñones visita o Centro Tecnolóxico Gradiant para coñecer o alcance do proxecto Open-VERSO

S. P.
Publicado: 09/05/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

minones_gradiant.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant, emprazado en Vigo, recibiu a semana pasada a visita do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen tivo a oportunidade de coñecer polo miúdo as liñas de traballo actuais do centro e, máis concreto, as do proxecto que desenvolve ao abeiro do programa Cervera de apoio á I+D e impulsado polo Ministerio de Ciencia: o proxecto Open-VERSO. Miñones acudiu na compaña da secretaria xeral de Innovación do dito Ministerio, Teresa Riesgo.
Segundo lembraron os responsables de Gradiant, Open-Verso traballa sobre as redes móbiles, en concreto na implementación dunha rede integral 5G. O Ministerio de Ciencia e Innovación subvenciona a totalidade do proxecto, no que cooperan varios centros nacionais, con 2,3 millóns de euros dos que 757.800 destínanse ao centro situado na cidade de Vigo.
O Programa Cervera é unha liña específica para centros tecnolóxicos, impulsado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e o Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI). O obxectivo deste programa, que lanzou xa dúas convocatorias, é apoiar a investigación aplicada e orientada ao mercado. José Miñones subliñou “que o máis relevante do Cervera é posibilitar que as investigacións destes centros tecnolóxicos teñan un impacto directo sobre a industria, tanto no proceso de fabricación como no produto final”.
Nos dous últimos anos esta liña de axudas beneficiou a 6 centros de excelencia tecnolóxica de Galicia: Aimen, Gradiant, Instituto Tecnolóxico de Galicia, Clúster da Acuicultura, Centro Técnico de Fabricación de Produtos de Pesca (ANFACO) e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia. Os proxectos que se subvencionaron xa están en desenvolvemento e os primeiros concedidos finalizan este mesmo ano 2022.
José Miñones detallou que estas investigacións abranguen temáticas diferentes e de gran relevancia na actualidade: a implementación de redes móbiles 5G; a incorporación de tecnoloxías robóticas aos procesos de fabricación; o desenvolvemento de novos alimentos derivados da pesca e a seguridade alimentaria na acuicultura; o coche autónomo; a Intelixencia Artificial, ou o desenvolvemento de comunidades locais de xeración e almacenamento de enerxías renovables.
“Esta participación de centros de Galicia convídanos a ser optimistas ante a próxima convocatoria de axudas Cervera deste ano”, sinalou o delegado, á vez que lembrou que o Ministerio de Ciencia e Innovación destinará 40 millóns de euros para conceder estas novas subvencións.
Máis detalles de Open-VERSO
Open-VERSO é un proxecto a tres bandas (impulsado por Vicontech, i2CAT e Gradiant) para “facer avanzar a evolución das redes móbiles de tecnoloxía 5G”. En concreto, a través del búscase deseñar e desenvolver unha arquitectura con capacidade de adaptarse a todo tipo de contornas mediante a evolución dun conxunto de tecnoloxías transversais base que permitirán a aplicación de conceptos avanzados non dispoñibles comercialmente. Por exemplo, a serie de tecnoloxías que se están a habilitar no proxecto estará relacionada coa Intelixencia Artificial, a xestión avanzada de redes 5G e a propia evolución de tecnoloxías dos estándares nas que se basean.
“Nunha rede orientada ao servizo como é 5G resulta fundamental proporcionar recursos diferenciados a cada un dos sectores nos que fará impacto a tecnoloxía”, apuntou recemente o centro tecnolóxico vigués, engadindo que Open-VERSO realiza probas de concepto e desenvolvemento de prototipos que se validan mediante aplicacións funcionais e visualmente atractivas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?