Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG conmemora o Día de Internet facilitando a dixitalización progresiva e segura dos maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG conmemora o Día de Internet facilitando a dixitalización progresiva e segura dos maiores

S. P.
Publicado: 09/05/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

cpeig_fernando_suarez-8.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) únese á efeméride do Día Mundial da Sociedade da Información (Día de Internet). Celebrarase o vindeiro martes 17 de maio dedicado neste 2022 a Internet e as tecnoloxías dixitais para as persoas maiores e o envellecemento saudable. Con motivo desta data sinalada, o colexio achega unha serie de recomendacións especialmente dirixidas ao dito colectivo.
O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, explica que as persoas maiores constitúen un segmento moi heteroxéneo e cada vez máis numeroso en Europa. En concreto, apunta que en España o 20% da poboación, nove millóns e medio de persoas, son maiores, e en Galicia mesmo se supera esta porcentaxe. Nesta tesitura, Suárez considera que “o uso das tecnoloxías dixitais no colectivo das persoas maiores é xa un elemento transversal e vertebrador, cada vez máis relevante para a súa vida diaria que os axuda a estar presentes e ser partícipes na sociedade, a exercer os seus dereitos, a evitar a aparición da soidade non desexada e a envellecer de forma máis saudable”. Na súa opinión, “a plena inclusión dos nosos maiores esixe establecer medidas e recursos sociais destinados a dar respostas enfocadas no respecto pleno á súa dignidade, dereitos, intereses e preferencias contando coa súa participación efectiva”.
Porén, Suárez sinala que “a situación actual é ben distinta”, cun proceso de “transformación dixital acelerada” onde hai dispositivos, servizos e tecnoloxías que non están adaptadas ao colectivo de maiores, impedindo que poidan facer uso de servizos ou mesmo reivindicar os seus dereitos en igualdade de condicións que o resto. “Se queremos aproveitar o potencial destes avances maximizando a súa potencia democratizadora debemos promover, incentivar e defender que os dispositivos, produtos, aplicacións e servizos tecnolóxicos sexan accesibles para todas as persoas, con especial atención a Internet, para que manteña o seu deseño universal e sen barreiras para calquera tipo de persoa maior e que lles proporcione as mesmas facilidades que ao resto da poboación. Só unha perspectiva integradora e global contribuirá a que todos os cidadáns poidamos aproveitar a informática para garantir o desenvolvemento persoal, a mellora da vida diaria, así como un envellecemento máis enriquecedor”, advirte.
O CPEIG levará a cabo este ano accións destinadas a potenciar a importancia do talento e a experiencia sénior para darlles cabida na sociedade, buscando fórmulas, a través da informática, para que as persoas maiores poidan seguir achegando talento e experiencia. “Situar ás persoas maiores no centro do desenvolvemento tecnolóxico faranos mellores como sociedade”, engade Fernando Suárez.
Reto #CaminaenDigital
Unha destas actividades para potenciar o uso das tecnoloxías entre as persoas maiores é #CaminaenDigital, acción enmarcada no Día de Internet 2022. As actividades desta iniciativa están promovidas pola asociación Somos Digital, coordinadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia a través da súa Rede CeMIT e apoiadas polo CPEIG.
Estase a celebrar o Reto #CaminaenDigital, unha actividade colaborativa e lúdico-formativa na que 75 persoas maiores de 7 Centros de Competencias Dixitais de Galicia –aulas CeMIT: Fisterra, Vigo, Guitiriz, Ortigueira, Castrelo de Miño e Cuntis, e como centro colaborador de CeMIT a Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior (FEGAUS)– aprenden destrezas dixitais e actívanse fisicamente sumando pasos nas súas contornas para realizar o Camiño de Santiago de forma virtual e sumar os 764 quilómetros. Camiñan día a día polas súas proximidades, sacan fotos, gravan vídeos e rexistran e comparten estas experiencias a través da páxina web do proxecto, do espazo na rede social Facebook, na que as imaxes e vídeos con máis gústame levan premio, e do cancelo #CaminaenDigital. En total, están inscritos preto de 80 Centros de Competencias Dixitais de España.
Fernando Suárez recomenda ás persoas maiores ir “paso a paso” para avanzar no uso da tecnoloxía, sen ter medo e asumindo que vai ser un proceso de aprendizaxe lenta. “A pandemia puxo en evidencia que xa vivimos nunha sociedade tecnolóxica e que nos dous últimos anos produciuse unha aceleración da transformación dixital polo teletraballo, a educación a distancia, as compras electrónicas ou o afianzamento das plataformas de ocio dixital durante os confinamentos. Por iso, o obxectivo é usar as vantaxes desta economía intelixente e implantar accións inclusivas para non deixar a ningún colectivo poboacional á marxe”, sinala.
O reto finalizará o vindeiro 20 de maio cun Escape Room onde os centros porán a proba as súas competencias dixitais, a visualización de vídeos das persoas maiores contando as súas experiencias coa tecnoloxía, e un acto de entrega de premios aos participantes e centros gañadores.
Tamén dentro deste proxecto celebrarase o 30 de maio o seminario Viaxa e descobre novos mundos desde o dixital na Rede CeMIT de Galicia que impartirá o CPEIG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?