Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés inaugura en Santiago o seu novo centro de traballo Galileo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés inaugura en Santiago o seu novo centro de traballo Galileo

S. P.
Publicado: 09/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

televes_galileo.jpgO grupo compostelán Televés Corporación subiu este mes de maio, oficialmente, un novo chanzo en materia de medre e espallamento. Fíxoo coa inauguración (este luns 9 de maio) do seu novo centro de traballo Galileo, que acubillará a partir de agora as área de negocio da compañía. Na cita participou o director executivo de Televés, Santiago Rey Requejo, arroupado polos case 60 traballadores que alí se trasladan. Na inauguración oficial das novas dependencias descubriuse unha placa conmemorativa como referencia deste fito histórico da corporación.
Tamén participaron Iván Rodríguez, director da área de iluminación LED profesional, Guillermo Fernández, director da área Hospitality, Esther Gómez, directora de Transporte Óptico e Televés Global Services, e Marcos Mata, director de Desenvolvemento de Software.
Segundo comentou Santiago Rey, “a nosa corporación segue diversificando as súas áreas de negocio para seguir crecendo en cota de mercado e complementar o mercado tradicional da distribución de servizos de televisión en edificios e fogares. Así, apostamos por un futuro sempre apoiado no coñecemento tecnolóxico adquirido e que se base nas eficiencias de todas as súas verticais, centradas nas infraestruturas de comunicacións”.
televes_galileo_2.jpgRey explicou que a orixe do centro Galileo acabado de inaugurar hai que rastrexala no medre das áreas de hospitality, iluminación LED profesional e transporte óptico, frontes de traballo xa consolidadas na corporación e cuxa actual relevancia obrigou a “organizar os grupos de traballo co fin de aproveitar as sinerxías da forma máis eficiente posible”. Froito diso, Televés Corporación habilitou o edificio corporativo situado na Vía de Galileo, no Polígono do Tambre, en Santiago. ao que se trasladan o persoal de Televés e Arantia relacionado coas devanditas áreas, ás que se suman os departamentos relacionados co soporte técnico e funcións de desenvolvemento de software: un total de case sesenta persoas, que inclúen departamentos de negocio, xestión, deseño, software e soporte técnico, e que disporán de zonas de traballo personalizadas onde desenvolver todo o crecemento proxectado para estas áreas de negocio nos vindeiros anos.
O novo centro foi deseñado e estruturado para “potenciar as dinámicas dos equipos de traballo e pór en valor a transversalidade”, sinalouse na inauguración, onde se engadiu que o inmóbel conta con tres andares en total, estando habilitada un deles con máis de 1.000m2, que contará con salas técnicas de última xeración para cada área de negocio, de forma que os desenvolvementos de produto e solucións conten con todos os medios necesarios de configuración e probas antes de entrar en fase de industrialización e produción.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?