Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant e Mática xuntan forzas para levar a calidade do dato ao día a día das empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant e Mática xuntan forzas para levar a calidade do dato ao día a día das empresas

S. P.
Publicado: 10/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_qactiva.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant e Mática Partners (grupo catalán centrado en resolver desafíos mediante o uso responsable da información, a tecnoloxía e a Intelixencia Artificial) veñen de unir forzas para garantir a calidade dos datos e facilitar a toda de decisións nos negocios. Froito deste traballo conxunto é o Aqtiva, unha ferramenta que permite importantes aforros de tempo e unha información máis precisa a nivel empresarial, favorecendo a toma das mellores decisións.
Aqtiva é a primeira spin-off da empresa catalá e constitúe un paradigma da democratización do Big Data, unha tecnoloxía que se ben está ao alcance de moitas empresas, “poucas contan con mecanismos que aseguren a calidade dos datos á entrada dos sistemas de soporte para a toma de decisións”, explica Juan Ramón González, director executivo de Aqtiva, quen engade que a tecnoloxía posta en xogo posibilita aforros de tempo e diñeiro ao aplicar técnicas avanzadas de análise e Intelixencia Artificial “para garantir a calidade dos datos que entran no sistema”. Ademais, prosegue, permite procesar grandes volumes de información en streaming, en tempo real ou similar, adaptándose ás esixencias empresariais onde a calidade do dato é esencial para o correcto funcionamento da IA. “Desta forma, asegurámonos de que toda a información que se introduce no sistema ten a calidade apropiada”, explica Agustín Cañas, director de Sistemas Intelixentes de Gradiant.
A colaboración entre o centro tecnolóxico galego e Mática desenvolveuse no marco do proxecto IA2CD, co-financiado na convocatoria I+D Transferencia Cervera do CDTI, que ten como obxectivo “deseñar e desenvolver unha solución integrada baseada en Intelixencia Artificial aplicada á calidade do dato”.
Segundo engaden Gradiant e Mática, “a característica diferencial de Aqtiva é que non se aplican técnicas de calidade dos datos unha vez que estes están no propio sistema, senón no momento en que viaxan polo sistema, é dicir, no momento da inxesta ou a súa transformación”. Tamén fan saber que a calidade do dato é un factor “crucial” cando falamos de procesamento de datos en streaming, en tempo real ou similar: “En poucas palabras, non hai tempo para perfilar, corrixir ou modificar datos que xa entrasen na base de datos”, comenta Marc Serra, presidente de Aqtiva. Pola súa banda, Agustín Cañas explica que “o noso algoritmo integrado en Aqtiva permite analizar un gran volume de datos e proporciona recomendacións acerca da calidade dos mesmos, de tal maneira que unicamente entrará no sistema aquela información relevante para a toma de decisións”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?