Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AtlantTIC lanza a primeira versión dunha plataforma para impulsar os territorios rurais de peregrinación: rurAllure
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AtlantTIC lanza a primeira versión dunha plataforma para impulsar os territorios rurais de peregrinación: rurAllure

S. P.
Publicado: 11/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rurallure3.jpgAtllantTIC vén de informar da dispoñibilidade da primeira versión de rurAllure, unha plataforma desenvolvida polo centro TIC vigués destinada a potenciar o patrimonio rural na contorna das rutas de peregrinación. O proxecto, coordinado polo investigador Martín López Nores, dará como resultado “un ecosistema para todos os camiños de Europa”, poñendo en valor os seus tesouros patrimoniais, turísticos e naturais. En concreto, rurAllure xa ten listos os catro primeiros pilotos que poderán ser empregados polos usuarios dos camiños con destino a Santiago, Roma, Trondheim (Noruega) e Csíksomlyó (Romanía).
O obxectivo da aplicación, segundo lembra o seu coordinador, “é crear un ecosistema de rutas de peregrinación a nivel europeo, de xeito que un peregrino teña información sobre puntos de interese local, tanto culturais e patrimoniais como sociais, que non están a pé de camiño. Trátase de fomentar que o visitante se adentre no territorio rural próximo para coñecer o seu patrimonio”. Segundo López Nores, responsable de coordinar a todas as institucións adheridas ao proxecto, en seis países europeos, o gran reto da plataforma é “estimular a economía das zonas rurais próximas aos camiños de Europa”. Isto acadarase fomentando as estadías dos peregrinos nos territorios que visitan, favorecendo impactos positivos sobre as contornas.
rurallure1.jpg Liderado pola Universidade de Vigo, rurAllure é un proxecto H2020 financiado con tres millóns de euros. As interfaces web e móbil permiten que cada usuario deseñe a viaxe en función dos seus gustos e intereses. “Neste próximos meses, poremos a proba a intelixencia artificial aplicada ao proxecto e corrixiremos erros para que a tecnoloxía estea lista en toda Europa para 2023”, engadiu o coordinador do proxecto, que é tamén docente da Escola de Enxeñería de Telecomunicación.
Por certo que rurAllure conta tamén coa implicación da Facultade de Historia e outros grupos da UVigo, así como doutras institucións culturais, empresariais e municipais que nutren a iniciativa.
“Traballamos con información sobre medios de transporte axeitados que os peregrinos poderán empregar para coñecer os punto de interese fóra do camiño, como é o caso da Fundación Uxío Novoneyra, a 30 quilómetros do itinerario francés do Camiño de Santiago. A intención é derivar fluxos de visitantes e que aproveiten as súas incursións no medio rural para coñecer lugares de interese cultural e patrimonial, estimulando o desenvolvemento rural e cultural”, concreta Martín López Nores.
Tras a proba inicial dos catro primeiros pilotos, rurAllure estará listo en 2023 cunha plataforma de contidos nos que cada camiño europeo terá os seus propios puntos de interese, audioguías e narrativas multimedia, información sobre tendas e servizos locais, transportes dispoñibles para os desprazamentos, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?