Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A empresa galega Manfred recibe o premio Iniciativa Emprendedora do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A empresa galega Manfred recibe o premio Iniciativa Emprendedora do CPEIG

S. P.
Publicado: 12/05/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

david_bonilla_manfred.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de anunciar o nome do proxecto destinatario da edición 2022 do seu Premio Iniciativa Emprendedora, que se entregará no marco da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. O galardón irá dar á compañía de recruiting ou de recursos humanos especializada no sector tecnolóxico, a galega Manfred.
Segundo destaca o colexio, Manfred nace “coa intención de axudar aos profesionais do sector tecnolóxico a xestionar a súa carreira profesional e poñer en contacto ao mellor talento coas empresas máis innovadoras, empregando unha ferramenta que permite crear o CV e sincronizalo en múltiples plataformas online de forma automática, ofrecendo un maior control sobre os datos”.
A Noite
Como dixemos, este e outros premios entregaranse no marco da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, prevista para o 1 de xullo no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. “O evento”, explican dende a organización, “é o punto de encontro entre as colexiadas e colexiados do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, que conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos e é un referente para o sector”.
Os premios da Noite corresponden nesta edición a once categorías onde o corpo colexial recoñece as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da Enxeñaría en Informática.
Máis datos de Manfred
equipo_de_desenvolvedores_de_manfred.jpg Manfred foi fundada en 2019 polo emprendedor David Bonilla Fuertes (Madrid, 1977), a piques de rematar o seu grao en Enxeñaría en Informática. O obxecto foi cambiar por completo o mundo do recruiting, aportando transparencia e humanizando o mesmo. O CPEIG salienta que se ben “a aposta foi arriscada, esta demostrou ser acertada, posto que, apenas tres anos despois, o proxecto medrou ata acadar un cadro de persoal de 40 persoas e facturar máis de 2 millóns de euros ao ano, competindo en certa maneira co xigante de LinkedIn”. En palabras do propio David Bonilla, “hoxe máis de 15.000 desenvolvedores e desenvolvedoras de todo o mundo confían a súa carreira profesional a Manfred, unha empresa que, desde o primeiro día, asina todas as súas comunicacións cun orgulloso Made with ❤ and sentidiño in Galicia, Spain“.
Currículo dixital universal
O CPEIG destaca tamén que Manfred creou o currículo dixital universal, un só arquivo para todas as plataformas, sen longos rexistros. “Por todos é sabido que buscar traballo en Internet ten o gran inconveniente de que a maioría de plataformas de emprego piden que o solicitante se rexistre e cubra manualmente todos os campos relacionados coa experiencia laboral, a formación, o porfolio e as habilidades complementarias, como os idiomas”, sinala o colexio, engadindo que Manfred “decidiu crear un currículo open source que se pode sincronizar con múltiples plataformas de emprego desde un arquivo en formato JSON aloxado no repositorio do usuario en GitHub”.
Bonilla explica que “a orixe dos datos que comparte o interesado estará na súa propia máquina, desde a cal poderá cortar o acceso á web que desexe cando queira, o que fará que sempre teña o control sobre a súa información persoal e que o peche dunha plataforma non lle faga perder todo o contido que envorcou nela”. Así mesmo, con este sistema, ao estar interconectado desde o repositorio do usuario, cada cambio que se realice nun sitio web plasmarase automaticamente nos demais e gardarase o arquivo JSON do profesional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?