Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os tiktokers galegogalantes lanzan un convite a participar na gran concentración do 17 pola lingua
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os tiktokers galegogalantes lanzan un convite a participar na gran concentración do 17 pola lingua

S. P.
Publicado: 12/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

queremos_tiktok_en_galego_leti.jpgA Mesa pola Normalización Lingüística vai celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas, cunha actividade que pon o foco nas redes sociais e nas novas xeracións, dous conceptos cada vez máis estreitamente ligados. A actividade consiste en convocar unha ducia de referenciais creadores de contidos na nosa lingua para lanzar un convite ás súas seareiras e seareiros a participar nas celebracións deste 17 de maio, concretamente na manifestación a prol do futuro da nosa lingua.
A ducia de tiktokers publicaron este mércores 11 de maio un vídeo colectivo animando ás súas comunidades de seguidores en Tik Tok (unhas 100.000 persoas) a participar na dita concentración convocada pola plataforma Queremos Galego (o 17 de maio na Alameda de Santiago).
A burelesa @paulablackmakeuplover abre o vídeo denunciando que “estamos fartas de que recibir odio por facer contido en galego”, ao que @Letidataberna engade: “Queremos TikTok en galego agora e sempre”. Pola súa banda, @patribdopazo máis a súa avoa rematan deste xeito: “Queremos un novo futuro para a nosa lingua”. Tamén participan no vídeo @rodrimiguez, @cousasrarisimas, @olaxonmario, @josannl, @irisgestoso, @pradorua, @todomal.va, @cessarrg e @sarasecorial. Todas e todos coinciden en afirmar “que un novo futuro para a nosa lingua é posible e que, por iso, cómpre acudir á manifestación do 17 de maio en Compostela”.
A plataforma cidadá Queremos Galego, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais do país, fixo público onte pola tarde o manifesto En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua. O texto recorda que “a situación do galego non é irreversível e que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua, mais tamén salienta que cómpre que o Goberno galego abandone o desprezo polo idioma e garanta presenza e dispoñibilidade en todo e para todo”.
O devandito vídeo está dispoñible nos perfís de TikTok de todas as persoas participantes. Tamén se pode descargar dende Dropbox.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?