Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant mostrou en Tecnosec o seu sistema antidrons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant mostrou en Tecnosec o seu sistema antidrons

S. P.
Publicado: 13/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tecnosec_gradiant.jpgGradiant, o seu socio Grupo TRC e as empresas Proselec e Hispamast, mostraron as súas últimas innovacións en sistemas antidrons en Tecnosec, a principal feira estatal de tecnoloxías avanzadas de seguridade e intelixencia, celebrada en Madrid entre o 11 e o 12 de maio. No marco deste evento, o centro tecnolóxico vigués debullou as posibilidades dunha tecnoloxía de seu desenvolvida con Intelixencia Artificial e combinando dispositivos de radiofrecuencia e optrónica. O sistema ideado por Gradiant desde 2015 detecta, clasifica e neutraliza aeronaves non tripuladas, establecendo “un escudo imposible de franquear”, en palabras do centro galego, que explica que a evolución do seu sistema antidrons, desenvolvido en colaboración co Grupo TRC e o REW31, implantouse no Exército de Terra baixo o nome de Proxecto Cervus.
Ademais, o sistema pode integrarse con outras solucións de detección e neutralización, como é o caso do inhibidor Repulse proporcionado por Proselec.
Gradiant fixo saber que a innovación do sistema antidrons está especialmente deseñada para o seu uso no ámbito da seguridade en instalacións como aeroportos, centrais eléctricas, edificios singulares, ou en eventos con grandes concentracións de persoas (concertos, festivais, etc.); e para a súa utilización por parte de forzas e corpos de seguridade. E engadiu: “O sistema achega un novo sistema de neutralización baseado na inhibición reactiva, capaz de intervir en drons, cortando a súa capacidade de comunicación e xeolocalización”. Con esta tecnoloxía, en definitiva, pódese chegar a capturar e controlar o obxecto para obter información e provocar a súa aterraxe segura.
A solución compleméntase co sistema Captive, baseado nun dron cativo, que aplica capacidades de vixilancia e observación orientadas á guerra electrónica, tales como GSM, satélite, radiofrecuencia e inhibición pasiva.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?