Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O cuarto Concurso de Podcast Radio na Biblio xa ten palmarés
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O cuarto Concurso de Podcast Radio na Biblio xa ten palmarés

S. P.
Publicado: 16/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

podcast_mesa_gravacion-3.jpgFinalmente (e coincidindo de xeito significativo con este Maio das Letras) déronse a coñecer as propostas gañadoras do cuarto Concurso de Podcast Radio na Biblio, impulsado dende a Consellería de Cultura e Educación co obxectivo de estimular a creación de novos contidos entre os escolares ao tempo que se celebra o Día das Letras Galegas e (no caso concreto deste ano) a figura de Florencio Delgado Gurriarán). Segundo puidemos saber, nesta edición do certame premiarase o traballo de centros de Cedeira, Malpica, A Guarda, Vigo e A Coruña. Os programas radiofónicos serán emitidos pola Radio Galega e serán difundidos a través da súa páxina web e da canle dixital do Diario Cultural.
O certame constou de catro modalidades, segundo o nivel do ensino (Infantil e primeiro ciclo de Primaria, resto de Primaria, ESO e unha cuarta para Bacharelato, ensinanzas de persoas adultas ou ciclos formativos). Os traballos premiados, cada un deles cunha asignación de 1.000 euros en cada unha delas son os seguintes:
-Infantil e 1º/2º de Primaria. CEIP Nicolás del Río. Cedeira. Poemas crioulos II
-3º a 6º de Primaria. CEIP Milladoiro. Malpica de Bergantiños. Unha regueifa a Don Florencio
-CEIP As Solanas- Nicolás Gutiérrrez Campo. A Guarda. A treboada de Corgomófiilo
-CEIP Manuel Rodríguez Sinde. A Guarda. De volta en volta
-CEP Dr. Fleming. Vigo. A hora de Galicia III
-Educación Secundaria Obrigatoria. IES P. Rafael Dieste. A Coruña. A heroica vida de Florencio IV
-Bacharelato, ensinanza de Persoas Adultas ou FP. EOI da Coruña. A Coruña. Choiva ou pluie – Florencio Delgado Gurriarán
-CEE Saladino Cortizo. Vigo. Domadora de serpes
Os equipos galardoados poderán visitar as instalacións da Radio Galega en Santiago de Compostela.
Puideron participar neste concurso os 138 centros públicos participantes no programa Radio na Biblio, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, así como outros centros que traballan xa co laboratorio de radio como ferramenta pedagóxica. Nesta cuarta edición do certame concorreron 70 centros educativos que enviaron 105 traballos.
O certame enmárcase no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) 2021/2025 de Bibliotecas Escolares, que contempla o reforzo dos programas que inciden na formación do alumnado no seu acceso aos medios de comunicación, como é o caso, con propostas que promovan o coñecemento e “un uso responsable da información en múltiples formatos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?