Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME móstranos como manexar drons, produtos de ecommerce ou campañas con Adwords
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME móstranos como manexar drons, produtos de ecommerce ou campañas con Adwords

S. P.
Publicado: 16/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme-21aa2a-05113-4.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do seu programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, oferta esta semana seis novos cursos impartidos de xeito online e presencial, enmarcados na súa carteira de obradoiros para pequenas e medianas empresas, profesionais e persoas autónomas. As accións tratarán temas como a creación de campañas con Google Adwords, optimización web con SEO, funcionamento de drons, networking con mulleres emprendedoras, creación de servidores en WordPress ou fotografía de produtos para ecommerce.
O mércores 18 de maio, Laura Carrera, posgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa impartirá un obradoiro sobre creación de campañas eficaces de Google Adwords. No curso, Google Adwords, como entendelo e crear campañas eficaces II, que completa a primeira parte impartida a semana anterior, ensinarase a crear anuncios e traballar o SEM.
Na quenda de tarde, o licenciado en Comunicación Audiovisual, Adrián Fernández, explicará no taller Iniciación ao SEO II: optimiza a túa páxina web para gañar visibilidade os factores externos que afectan ás páxinas web e inflúen no seu posicionamento, as mellores prácticas de SEO e como medilas.
Esa mesma tarde, de xeito presencial na oficina de SmartPEME de Barro, os técnicos de Drongal explicarán as últimas novidades en vehículos aéreos non tripulados no sector audiovisual, os cambios na lexislación vixente e farán unha demostración de voos no obradoiro Coñece os drons e o seu funcionamento con grupo Drongal.
O xoves 19 celebrarase na oficina de SmartPEME de Lalín a Xornada networking: mulleres que emprenden e inspiran. Neste encontro, catro mulleres emprendedoras: Alba Iglesias do Centro Wellness; Elvira Blanco de As Bicadas – Aceite de Oliva; Elvira Ferreiro de Elvira Ferreiro Estética Avanzada e Mabel Vidal de Casa Cacheiro – Casa Rural, relatarán a súa experiencia no autoemprego e crearán un espazo de diálogo co fin de establecer sinerxías entre os negocios da comarca do Deza. Por outra banda, tamén na quenda de mañá, o enxeñeiro informático José Luis Taboada impartirá un novo taller dirixido a pemes e autónomos: Crea o teu servidor local para WordPress. Neste obradoiro ensinarase a crear un servidor local no que instalar WordPress.
Finalmente o xoves pola tarde, SmartPEME ofrecerá o curso Fotografía de produto para o teu E-commerce, da man de Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño. Esta formación amosará a importancia da calidade da imaxe e a súa influencia na capacidade de aceptación ou desexo de consumir produtos ou servizos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?