Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Porto de Vigo acolle esta semana unha xornada sobre o seu revolucionario proxecto 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Porto de Vigo acolle esta semana unha xornada sobre o seu revolucionario proxecto 5G

S. P.
Publicado: 18/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ap-vigo-800x445.jpgO Porto de Vigo vai dar esta semana un paso decisivo na súa transformación nunha contorna segura, conectada e monotorizada con tecnoloxías intelixentes. En concreto acollerá este xoves 19 (ás 17.00 horas) a demostración de uso da súa rede 5G que inclúe un sistema avanzado de vixilancia, un despregue de drons con cámaras de moito alta resolución, e a aplicación de técnicas de análise de intelixente de vídeo para detectar a presenza de persoas en zonas non autorizadas (técnicas con capacidade de xerar alarmas en tempo real de xeito automático). Este piloto foi desenvolvido pola operadora de telecomunicacións Orange, o centro galego Gradiant e o fabricante Ericsson.
A demostración contará coa asistencia de diversos representantes da Xunta de Galicia, de Red.es, da autoridade portuaria e das empresas desenvolvedoras.
As vantaxes da 5G
En palabras de Orange, este sistema aproveita as vantaxes da rede 5G para “mellorar e estender a cobertura das comunicacións entre as aeronaves non tripuladas e o centro de control en terra, ademais de optimizar a transmisión de imaxes”. Amais, engade a compañía, o uso de Intelixencia Artificial para a análise de vídeo permitirá a ese sistema de seguridade detectar persoas non autorizadas e xerar avisos en tempo real que alerten ao centro de control de posibles intrusións. “Grazas á rede 5G conséguese unha latencia mínima e unha gran fiabilidade para a transmisión de datos, dous parámetros esenciais para a toma de decisións autónomas en operacións con drons”, apunta Orange, poñendo o foco noutro dos puntos fortes do sistema: a súa capacidade para explotar as capacidades de computación das redes 5G, a través do Multi-access Edge Computing (MEC, un servidor situado moi próximo á rede) que permiten reducir a latencia no procesado de imaxe fronte a unha solución despregada na nube.
Este proxecto enmárcase no Plan Nacional 5G, o programa para o desenvolvemento de proxectos piloto de tecnoloxía 5G que executa Red.es, impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e co-financiado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e a través da UTE formada por Cinfo, Orange, Gammera Nest e Optare Solutions.
Quen queira máis información do proxecto tena na web habilitada pola operadora arredor dos proxectos 5G da nosa terra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?