Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Porto de Vigo revoluciona o ámbito da vixilancia cunha proba de drons e Intelixencia Artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Porto de Vigo revoluciona o ámbito da vixilancia cunha proba de drons e Intelixencia Artificial

S. P.
Publicado: 19/05/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

proba_5g_orange_porto_vigo.jpgO Porto de Vigo acolleu este 19 de maio a demostración final do proxecto piloto desenvolvido pola operadora Orange, o centro tecnolóxico galego Gradiant e o fabricante Ericsson para o uso de aeronaves non tripuladas, Intelixencia Artificial e tecnoloxía 5G para a vixilancia do ámbito portuario.
Este proxecto forma parte dos casos de uso coordinados por Red.es en todo o Estado, e está enmarcado no Plan 5G de Galicia promovido pola Xunta a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
O sistema mostrado aproveita as vantaxes da rede 5G para mellorar e estender a cobertura das comunicacións entre as aeronaves non tripuladas e o centro de control en terra, ademais de optimizar e impulsar a transmisión de imaxes.
proba_5g_orange.jpg Na súa materialización foi decisivo o uso da Intelixencia Artificial para a análise de vídeo, xa que esta permite a este sistema de control detectar persoas non autorizadas e xerar avisos en tempo real que alerten ao centro de control de posibles intrusións.
A demostración foi seguida polo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Xesús Vázquez Almuiña; a directora xerente da operadora pública galega RETEGAL, Pilar Chapela Villanueva, en representación da Xunta; o director de Servizos Públicos Dixitais de Red.es, Francisco Javier García Vieira e a responsable do Plan Nacional 5G para Galicia, Lara Rubianes Escribano. Participaron tamén representantes das tres compañías que desenvolveron o proxecto.
A directora xerente de RETEGAL, Pilar Chapela, destacou a “enorme importancia que a 5G ten para Galicia” ao tratarse dunha tecnoloxía “esencial na extensión da transformación dixital en todos os ámbitos sociais e económicos, e sobre todo nos casos nos que poidan existir dificultades de despregadura por razóns xeográficas ou de dispersión da poboación”.
30 casos en Galicia
orange_proba_porto_vigo_5g.jpg Galicia acolle 13 casos de uso liderados por Orange e outros 12 liderados por Telefónica. Ademais destes dous proxectos asignados a Galicia e xestionados por Red.es, na nosa terra lévanse a cabo outros 5 pilotos xestionados directamente polo Nodo 5G de Galicia. En total, 30 proxectos que implican investimentos que superan os 22 millóns de euros e que integran 39 entidades públicas e privadas entre participantes, axentes colaboradores e clientes.
Os proxectos desenvolvidos en Galicia abranguen ámbitos como a tele-medicina, a industria, a agricultura, a loita contra os incendios, o turismo ou a banca en zonas rurais, entre outros.
As vantaxes da 5G
porto_de_vigo_orange.jpg Na demostración deste xoves 19 no Porto de Vigo a operadora Orange destacou do sistema desenvolvido a súa capacidade para aproveitar as vantaxes da rede 5G e “mellorar e estender a cobertura das comunicacións entre as aeronaves non tripuladas e o centro de control en terra, ademais de optimizar a transmisión de imaxes”. Así, grazas á rede 5G conséguese “unha latencia mínima e unha gran fiabilidade para a transmisión de datos, dous parámetros esenciais para a toma de decisións autónomas en operacións con drons”, apuntou Orange, poñendo o foco noutro dos puntos fortes do sistema: a súa capacidade para explotar as capacidades de computación das redes 5G, a través do Multi-access Edge Computing (MEC, un servidor situado moi próximo á rede) que permiten reducir a latencia no procesado de imaxe fronte a unha solución despregada na nube.
Este proxecto enmárcase no Plan Nacional 5G, o programa para o desenvolvemento de proxectos piloto de tecnoloxía 5G que executa Red.es, impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e co-financiado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e a través da UTE formada por Cinfo, Orange, Gammera Nest e Optare Solutions.
Quen queira máis información do proxecto tena na web habilitada pola operadora arredor dos proxectos 5G da nosa terra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?