Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R, recoñecida pola súa xestión ambiental de cero emisións de carbono
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R, recoñecida pola súa xestión ambiental de cero emisións de carbono

S. P.
Publicado: 19/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

operadora_galega_mundo_foto_r_flor.jpgA operadora de orixe galega R vén de ser recoñecida pola súa xestión ambiental ao alcanzar o obxectivo de cero emisións netas de carbono e co certificado de Xestión Enerxética ISO 50001, norma que reflicte o bo desempeño enerxético da organización e a súa contribución para xestionar e reducir o consumo de enerxía.
Segundo explica a empresa de telecomunicacións con sede principal na Coruña, o certificado de cero emisións foi expedido por CEROCO, pertencente á Fundación ECODES, cuxo obxectivo é “lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e o cumprimento do Acordo de París”.
R destaca que “conseguir cero emisións netas de carbono significa, ademais de ter un balance neutro de CO2, reducir ditas emisións ao máximo e, polo menos, cunha traxectoria orientada a limitar o quecemento global a 1,5 oC”. A empresa engade que o devandito fito da neutralidade das emisións implica ademais “lograr un estado no que a nosa cadea de valor non provoque ningunha acumulación neta de dióxido de carbono na atmosfera, compensando as emisións residuais a través de proxectos de plantación de árbores”.
R reduciu as súas emisións de carbono nun 96% en só tres anos, pasando de 7.159 toneladas de CO2 en 2018 a preto de 300 toneladas en 2021, que a compañía compensou con plans de reforestación.
Ademais do certificado de Xestión Enerxética ISO 50001, R superou con éxito a auditoría de seguimento e renovación das certificacións ambientais coas normas ISO 14001 de Xestión Ambiental, Regulamento Europeo EMAS, unha auditoría que incluíu a verificación das declaracións ambientais de Euskaltel, R e Telecable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?