Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo gaña o Torneo LEDU STEM Cátedras Telefónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo gaña o Torneo LEDU STEM Cátedras Telefónica

S. P.
Publicado: 20/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

premio_telefonica_catedra_ledu_uvigo.jpgO equipo formado por Guillermo Fernández e Santiago Janeiro, da Universidade de Vigo, alzouse este venres 20 de maio co primeiro posto da competición LEDU STEM Cátedras Telefónica, unha iniciativa de Telefónica e a Liga Española de Debate Universitario (LEDU) destinada a promover entre os estudantes STEM as habilidades transversais (soft skills) nos futuros líderes dixitais. A competición rematou a súa edición 2022 convertida na liga de debate académico con maior número de universidades participantes en España: un total de 18, o dobre que na primeira edición. Santiago. Santiago Janeiro, ademais, foi elixido o mellor orador desta edición.
uvigo_ledu_stem_catedra_telefonica.jpgA final celebrouse no auditorio do Innovation Center de Telefónica e tivo como protagonistas ás Universidades Carlos III de Madrid e a Universidade de Vigo, nun intenso debate ao redor da pregunta seguinte: “Crearemos un mundo mellor co metaverso?”
No acto interviñeron tamén Trinidad Jiménez (directora de Estratexia Global de Asuntos Públicos de Telefónica), Antonio Bengoa (director de Relacións Institucionais de Telefónica España) e Alfonso Rodríguez de Sadia (director xeral da Liga Española de Debate Universitario), que á súa vez entregaron os premios aos gañadores e ao mellor orador.
A LEDU STEM está dirixida aos estudantes das universidades que integran a Rede de Cátedras Telefónica España, cuxo obxectivo é a análise e a identificación da situación e do impacto das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) na sociedade, “cunha visión 360º”.
O equipo gañador da LEDU STEM recibiu un trofeo, deseñado e producido por Smurfit Kappa, así como unha praza para participar na fase final da Liga Española de Debate Universitario, que enfronta aos 16 mellores equipos do territorio nacional. O premio ao equipo gañador da Liga Española de Debate Universitario é de 6.000 euros. O segundo clasificado conseguirá 3.000 e os xuíces tamén elixirán ao mellor orador da competición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?