
As Conversas na rede desenvólvense no marco da creación da Rede Internacional de Profesionais do Deseño Galego, un dos eixes do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – Diferenza. A primeira conversa será o martes 31 de maio cos gañadores dos Premios Galicia de Innovación e Deseño 2020 e 2021 na categoría de talento emerxente: Damián Calvo e Yarza Twins.
Na páxina web de GAIN temos todo o preciso para recadar máis información ou formalizar as inscricións.
Damián Calvo
Graduado en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto pola Universidade da Coruña. Foi membro do equipo de deseño de produto de Samsung Design Europe en Londres e recentemente incorporouse a Dyson como deseñador industrial na nova sede global da compañía en Singapur.
Yarza Twins
Master of Arts Communication Design no Central Saint Martins (Londres). As irmáns Eva e Marta Yarza desenvolven proxectos de tipografía, 3D, animación, deseño editorial e de marca, desenvolvemento web e ilustración para Adidas, MTV, Converse, Smirnoff ou HP.
GAIN inicia un ciclo en liña sobre deseño, innovación e sustentabilidade
Compartir Este Artigo

