Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Couto acolle a presentación dunha tecnoloxía de Orange, Ericsson e Cinfo que revoluciona as retransmisións deportivas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Couto acolle a presentación dunha tecnoloxía de Orange, Ericsson e Cinfo que revoluciona as retransmisións deportivas

S. P.
Publicado: 20/05/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

orange_o_couto_5g_ourense_2.jpgOurense acolleu este venres 20 de maio pola mañá unha experiencia de uso do 5G que marcou o camiño que seguirán as retransmisións deportivas do futuro. A actividade levouse a cabo no Estadio do Couto. A tecnoloxía probada foi despregada pola operadora Orange, o fabricante Ericsson e a empresa galega de sistemas audiovisuais de Intelixencia Artificial Cinfo. O sistema resultante, a disposición da TVG, serviu para explorar todas as posibles aplicacións de capacidade da rede 5G na retransmisión de eventos deportivos. O proxecto forma parte dos pilotos que impulsa a operadora na nosa terra botando man do novo estándar móbil.
Para dar forma ao sistema despregouse nova cobertura 5G na área do estadio ourensán mediante a instalación dun nodo 5G (gNodeB), co-localizado cun nodo LTE (eNodeB) que presta servizo nesta área. Ademais desta despregadura, situáronse 9 cámaras manexadas mediante Intelixencia Artificial polo sistema de produción automático e remoto Tiivii de Cinfo. Segundo fixo saber Orange, “este piloto pon de relevo os beneficios deste tipo de proxectos para reducir custos de produción, apoiar ao deporte local (creando un novo modelo de obtención de ingresos), diminuír o tempo de reacción ante un evento na instalación conectada e achegar a posibilidade de crear outros servizos co mesmo investimento, tanto para o emisor como para o propietario e usuarios da instalación”.
Na experiencia mostráronse novas capacidades de realización usando a rede 5G, por exemplo as capacidades da rede para facer capturas 8K, para o uso da nube ou para a realización remota e/ou automática desde instalacións do radiodifusor / híbrida (instalacións do radiodifusor e OTT).
A demostración contou coa asistencia de Mario Guede, concelleira de Deportes do Concello de Ourense; Fernando Suárez Lorenzo, director da área de Transparencia e Goberno Aberto na Deputación de Ourense; Mauro Fernández, da área de Administración Dixital de AMTEGA; e Francisco Javier García Vieira, director de Servizos Públicos Dixitais en Red.es.
No evento participou tamén Sara González Otero, directora de división da área de Soporte Tecnolóxico e Medios da Corporación Radio e Televisión de Galicia; persoal do Estadio do Couto e máis representantes das empresas desenvolvedoras do proxecto: Óscar Aragón, director territorial de Relacións Institucionais de Orange, xunto a Jesús Costoya e Antonio Rodicio, responsables de Grandes Contas e de Rede da operadora na zona norte; e Antonio Rodríguez del Corral e Héctor Parra, director executivo e responsable de mercadotecnia de Cinfo, respectivamente.
Durante o evento, Sara González Otero, de CRTVG, comentou que “a Corporación de Radio e Televisión de Galicia aposta pola innovación e as novas tecnoloxías a través da colaboración con empresas e institucións tecnolóxicas e proxectos coma este. A tecnoloxía 5G, aplicada ao eido audiovisual, entre outras cousas, proporciona unha alta fiabilidade das retransmisións, mellora a calidade de imaxe aumentando o largo de banda e reduce os atrasos”.
Óscar Aragón, en representación de Orange, puxo de relevo “o importante esforzo” que operadores como Orange están a levar a cabo para levar a tecnoloxía 5G a todos os territorios, para que empresas e cidadáns poidan tirar proveito das súas grandes vantaxes. “Con todo, aínda máis importante é a implicación de todos -administración, empresas, centros de investigación, etc.- para explorar as funcionalidades que pode ter a 5G en ámbitos tan diversos, como o que hoxe podemos ver aquí, no campo audiovisual”, dixo, engadindo que “non podemos deixar de aproveitar as oportunidades que a dixitalización e a 5G poñen ao noso alcance en termos de desenvolvemento, progreso e futuro sustentable”.
Finalmente, o presidente e director executivo de Cinfo, Antonio Rodríguez Del Corral, presentou o proxecto como “un paso máis cara a unha futura plataforma audiovisual do deporte, o proxecto de Cinfo desde a súa creación”. E engadiu: “Grazas á aposta de Red.es, de Orange e de TVG púidose probar un caso de uso de alto nivel, con 10 cámaras funcionando a través de 5G, captura 8K, Intelixencia Artificial, gráficos avanzados e integración cun radiodifusor de primeiro nivel”. Rodríguez Del Corral tamén dixo que a tecnoloxía de Tiivii de Cinfo “xa está completamente preparada para soportar eventos de fútbol de alta calidade nas categorías non profesionais, ademais de todos os deportes de pista”. Cinfo ademais xa ten dispoñible a integración automática da produción dos eventos coa visualización dos mesmos en aplicacións móbiles e Smart TV.
Este proxecto enmárcase no Plan Nacional 5G, o programa para o desenvolvemento de proxectos piloto de tecnoloxía 5G que executa Red.es, impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e co-financiado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e a través da UTE formada por Cinfo, Orange, Gammera Nest e Optare Solutions.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?