Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Zona Franca actualiza a súa base de datos sobre as nosas empresas que máis facturan: Ardán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Zona Franca actualiza a súa base de datos sobre as nosas empresas que máis facturan: Ardán

S. P.
Publicado: 20/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

zona_franca_ardan1.jpgA Zona Franca de Vigo vén de actualizar a súa base de datos Ardán, e faino poñendo á nosa disposición un recurso revisado de información sobre as empresas da nosa terra que máis facturan. A actualización Ardán 20.000 maiores empresas de Galicia foi cualificada como “unha ferramenta única” polo delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca, David Regades, que engadiu que “con esta aplicación pódense realizar múltiples filtros sobre a mostra de empresas, ben sexa por nome da sociedade, datos económicos, sectoriais ou xeográficos personalizando todo tipo de información do mercado”.
A base de datos tamén permite a selección de fichas de empresa e listaxes, con datos exportables a folla de cálculo. Así, cada empresa conta cunha ficha propia cos seus datos de identificación (domicilio, código postal, teléfono, correo electrónico e web), pero tamén os datos da súa actividade como emprego, cifra de negocio, valor engadido, capital social, rendibilidade económica; así como outros atributos, coma se trátase dunha firma auditada, exportadora, se conta con certificacións de calidade ou ambientais.
Os datos económicos proceden dos depósitos das contas anuais (balance, conta de resultados, memoria e informe de xestión) nos rexistros mercantís das provincias galegas, o que, segundo sinalou a Zona Franca, “achega seguridade e fiabilidade ao traballo realizado polo equipo do Servizo de Información Ardán”. O prezo da base de datos é de 99 euros.
Amais, o Consorcio presentará nos vindeiros meses o Informe Económico e de Competitividade de Galicia 2022. Para a Zona Franca, con esta información e outros datos facilitados polas empresas sobre a evolución da nosa economía poderase identificar as empresas que alcanzan os indicadores Ardán, tan valorados polas compañías e que mostran a excelencia na xestión”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?