Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Proxecto Nós centra este luns unha xornada en aberto no Edificio Fontán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Proxecto Nós centra este luns unha xornada en aberto no Edificio Fontán

S. P.
Publicado: 23/05/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

edificio_fontan_cidade_cultura-3.jpgA Xunta e a Universidade de Santiago organizan este luns 23 de maio unha xornada aberta ao redor do Proxecto Nós de Intelixencia Artificial ao servizo da lingua galega, a iniciativa na que están a traballar as dúas entidades para “acadar a total inclusión do galego no mundo dixital e tecnolóxico”. A cita ten formato aberto e poden participar nela cidadáns en xeral, universidades, empresas e administracións públicas.
O encontro comeza ás 9,00 horas no Edificio Fontán da Cidade da Cultura e conta cunha mesa redonda e varios relatorios. Na inauguración inverteñen o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; o reitor da USC, Antonio López; a directora da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), María Bobillo, e a comisionada especial para a Alianza pola Nova Economía da Lingua, Cristina Gallach.
Durante a xornada daranse as claves do Proxecto Nós, unha iniciativa estratéxica na que a Xunta e as universidades están a traballar para “conseguir a presenza do galego en asistentes de voz, subtitulado automático de contidos audiovisuais, apoio ao diagnóstico médico, servizos de teleasistencia avanzada, tramitación administrativa a través de asistentes virtuais, entre outras accións, que garantirán a presenza da lingua galega nas contornas dixitais.”
Tras a presentación celebrarase a mesa redonda que dá comezo ás 9,30 horas, A importancia da tecnoloxía da linguaxe na sociedade e na economía, que estará moderada polo director do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), Senén Barro. Participará a comisionada especial para a Alianza pola Nova Economía da Lingua, xunto ao ex-presidente da Sociedade Española para o Procesamento da Linguaxe Natural Manuel Palomar, o director do Instituto da Lingua Galega, Xosé Luis Regueira; a directora da Unidade Text Mining do Barcelona Supercomputing Center, Marta Villegas e o vicedirector do HiTZ (Basque Research Center for Language Technologies), Germán Rigau i Claramunt.
A partir das 11,30 horas celebraranse diversos relatorios sobre a orixe, estado actual e futuro do Proxecto Nós a cargo de varios investigadores que están a traballar desde os centros da USC: o CiTIUS (especializado na investigación das tecnoloxías de información, en concreto nos eidos da aprendizaxe automática, a computación avanzada, a e-saúde, os robots persoais, entre outros ámbitos de traballo) e o Instituto da Lingua Galega, que vén de cumprir medio século de vida investigando en lingüística e filoloxía galegas, así como na tecnoloxía da linguaxe na súa aplicación ao galego.
Con esta xornada informativa séguense a dar pasos no Proxecto Nós, que vén de entrar na súa segunda fase grazas á nova inxección económica de máis de 600.000 euros. O novo acordo permitirá que este ano os investigadores avancen no traballo de campo, deseñen prototipos dos recursos, experimenten cos primeiros demostradores e creen bancos de voz a disposición de toda a cidadanía para facilitar que empresas empreguen o galego nas súas tecnoloxías, entre outras accións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?