Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC acolle unha xornada sobre as posibilidades do financiamento en cascada en Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC acolle unha xornada sobre as posibilidades do financiamento en cascada en Europa

S. P.
Publicado: 24/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_udc_faae45-5c960-2.jpgO Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña vai acoller este mes de xuño unha xornada sobre novas formas de impulsar proxectos tecnolóxicos, poñendo o foco nunha metodoloxía que simplifica os procesos administrativos e permite incrementar a contía dispoñible dos proxectos no ámbito europeo: a metodoloxía do financiamento en cascada. A cita será o vindeiro 3 de xuño e comezará ás 10.00 cun relatorio de Graciela Garrido (Econet) sobre os novos mecanismos de financiamento que pon en xogo a UE.
A Xornada de presentación de convocatorias Cascade Funding, organizada polo CITIC en colaboración con Econet- FundingBox, ten o obxectivo de ilustrar a grupos de investigación, pemes, midcaps e startups sobre este tipo de financiamento, unha metodoloxía impulsada pola Comisión Europea que se dirixe a impulsar a creación de novas empresas, aumentar a escalabilidade de novos produtos e impulsar a adopción ou fortalecer o desenvolvemento de innovación tecnolóxicas nas empresas. A xornada contará coa presenza de representantes de GAIN, Dihgital e o Agrupación Industrial TIC, así como de expertos en proxectos financiados por este tipo convocatorias.
Programa de actividades
10:00 h.- Benvida (CITIC – Agrupación industrial TIC).
10:15 h.- Introdución aos mecanismos e metodoloxías de financiamento en fervenza desenvolvidas pola Comisión Europea. Relator: Graciela Garrido (Econet).
10:45 h.- As principais áreas con Cascade Funding. Relator: María Gómez-Reino (Econet).
11:15 h.- Pausa-café.
11:30 h.- Oportunidades de Cascade Funding. Presentación de proxectos con open calls abertas no segundo semestre de 2022. Relatores: Inés Arias (FundingBox)- Proxecto i4 Trust; Thomas Wilczek (FundingBox)- Proxecto i- Nergy; Daniel Alonso ( ITI) – Proxecto EUHUB4Data.
12:30 h.- Como solicitar e ter éxito en convocatorias Cascade Funding. A receita do éxito. Relatora: María Gómez-Reino (Econet).
13:30 h.- Rolda de preguntas.
13:45 h.- Peche da mesa (GAIN – Dihgigal).
14:00 h.- Comida- networking.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?