Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Lanzadeiras de Emprego de Galicia acadaron unha taxa de inserción laboral do 60%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Lanzadeiras de Emprego de Galicia acadaron unha taxa de inserción laboral do 60%

S. P.
Publicado: 25/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lanzadeiras_galicia_mupega.jpgEste martes 24 de maio celebrouse un encontro coas Lanzadeiras Conecta Emprego da Coruña, Ourense, Santiago e Vigo, unha xuntanza na que participaron a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, a coordinadora Territorial de Fundación Santa María La Real, Sonia González, e o director de Relacións Institucionais de Fundación Telefónica, Joan Cruz. Segundo fixeron saber, máis de mil persoas participaron xa nestas iniciativas de formación, adestramento e innovación, impulsadas na nosa terra polas ditas entidades. Tamén fixeron saber que as lanzadeiras galegas (39 lanzadeiras en nove anos) acadaron un 60% de inserción laboral.
Na actual edición, que comezou en febreiro na Coruña, Ourense, Santiago e Vigo (axudando aos participantes a atopar traballo con técnicas de orientación laboral e ferramentas dixitais) un total 23 persoas atoparon emprego e outras 5 realizan certificados de profesionalidade.
Como dixemos, a iniciativa está impulsada por Fundación Santa María La Real e a Fundación Telefónica. Conta co co-financiamento do Fondo Social Europeo, e a colaboración da Xunta de Galicia.
O encontro celebrado este martes 24 no Museo Pedagóxico de Galicia permitiu que os representantes das entidades promotoras puideran coñecer aos seus participantes, tomar nota das actividades que desenvolveron desde febreiro, e as que teñen previstas ata finais de xullo para reactivar a súa procura de traballo, mellorar a súa empregabilidade e fomentar a súa inserción laboral.
As técnicas das Lanzadeiras Conecta Emprego da Coruña, Ourense, Santiago e Vigo, Angélica Vidal, Laura Iglesias, Ángela Criado e Patricia Torrado, respectivamente, explicaron o seu labor, asesorando aos seus equipos para mellorar a súa estratexia de procura laboral de forma colaborativa.
Nos tres primeiros meses, 23 participantes atoparon emprego por conta allea en industria, organizacións sociais, comercio, hostalaría, transporte, loxística ou reparación de vehículos, entre outros sectores. Ademais, outro cinco participantes están a realizar certificados de profesionalidade de Operación de Sistemas Informáticos.
Tras estes primeiros movementos, actualmente hai 65 participantes: 36 mulleres e 29 homes en desemprego, de entre 19 e 60 anos. Teñen diversos niveis formativos e experiencia en diferentes sectores. O seu obxectivo é “aproveitar as actividades ata finais de xullo para lograr tamén a súa inserción laboral”.
A conselleira de Emprego realizou un balance das lanzadeiras realizadas en Galicia nos últimos anos: “Nestes anos realizáronse 39 por toda Galicia, nas que participaron máis de mil persoas en desemprego, das que un 60% logrou mellorar a súa situación laboral. As lanzadeiras teñen bos resultados, e demostraron ser unha política activa de emprego moi efectiva”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?