Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra remata maio cun simposio internacional sobre os cómics na era dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra remata maio cun simposio internacional sobre os cómics na era dixital

S. P.
Publicado: 27/05/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pomanga1.jpgO Campus de Pontevedra vai acoller un evento internacional no que expertos europeos e xaponeses afondarán a evolución do cómic na sociedade dixital. O simposio Manga in a postdigital environment celebrase os días 30 e 31 na sede da Vicerreitoría.
O obxectivo concreto da cita será “analizar, poñendo o foco no manga, no cómic xaponés, as transformacións formais, estéticas e narrativas que as tecnoloxías dixitais teñen producido neste medio”. Esta é tamén a finalidade do proxecto de investigación Estudos transdisciplinares sobre cómic, que o grupo dx5 (digital & graphic art research) da Facultade de Belas Artes desenvolve co financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación. O simposio é, de feito, a sexa edición do Foro Internacional de Creación na Fronteira do grupo dx5.
Como explica o seu investigador principal, José Andrés Santiago, o encontro internacional da semana vindeira constitúe o “evento de peche” dun proxecto que buscaba dar resposta á seguinte pregunta: “Que significa falar de manga neste mundo postdixital?”.
Máis polo miúdo, a investigación pon o foco nas transformacións vividas polo “manga como medio nunha era completamente dixital”.
Coa participación como conferenciantes de varios dos expertos e expertas que integran o equipo de traballo do proxecto, este foro internacional desenvolverase o luns 30 e o martes 31 na sede da Vicerreitoría nun “formato híbrido”, que combina as modalidades presencial e virtual. Por unha banda, porque catro dos relatores intervirán a través de videoconferencia e, por outra, porque este foro aberto ao público poderá seguirse a través destas dúas vías. En ambos casos, explica Santiago, será precisa inscrición previa a través do correo grupodx5@uvigo.es.
Doce conferencias, a cargo de investigadores e investigadoras de seis países, integran o programa dun simposio que será inaugurado polo vicerreitor do campus en funcións, Jorge Soto, e a directora do grupo dx5, Ana Soler.
A primeira xornada abrirase co relatorio que Santiago e a tamén investigadora do grupo dx5 e responsable da xestión do simposio, Tatiana Lameiro, centrarán “no uso das tipografías no manga contemporáneo”. A continuación, Lukas R. A. Wilde, da universidade alemá de Tubinga falará da narrativa, mentres que o investigador da Beykoz University turca Selen Çaliz Bedir porá en relación o manga e a realidade virtual. Tamén nesta xornada, Olga Kopylova, da universidade xaponesa de Tohoku, centrará a súa intervención nos modos de publicación destes cómics e Miho Taekuchi, da Seisa Dohto University, porá o foco en como os dispositivos dixitais facilitaron que os autores amateurs puidesen dar a coñecer os seus proxectos.
A continuación, a investigadora Dalma Kálovics, do museo do manga Yakote Masuda, analizará como os formatos e deseños estandarizados do cómic xaponés trasladáronse ao ámbito dixital, mentres que Jaquelne Berndt, da Universidade de Estocolmo, proporá na súa conferencia “revisitar os proxenitores do manga desde unha perspectiva postdixital”. Por último, esta primeira xornada pecharase cun relatorio da investigadora da Kyoto Seika University Bon Won Koo sobre “a adaptación do manga ao formato webtoon”.
Xa o martes, Per Israelson, da universidade sueca de Linköping, abordará este medio desde unha perspectiva “poshumansita”, mentres que Stevie Suan, da Hosei University, centrarase na “transnacionalidade” da animación xaponesa. Por último, Nicolle Lamerichs, da Universidade de Ciencias Aplicadas de Ultrecht, abordará o impacto que o desenvolvemento dixital tivo na distribución do manga, e Zoltan Kacsuk dará a coñecer o proxecto de estudo sobre manga e anime a partir de metadatos que levan a cabo na Stuttgart Media University.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?